InicioEconomíaPeinador foi o mellor aeroporto galego en canto a tráfico de pasaxeiros...

Peinador foi o mellor aeroporto galego en canto a tráfico de pasaxeiros en marzo

Os tres aeródromos galegos perden un 77% de pasaxeiros con respecto ao primeiro trimestre do ano pasado e quedan por baixo dos 200.000

PUBLICADO O

Os tres aeroportos galegos recibiron durante o mes de marzo deste ano 70.753 pasaxeiros, un 53% menos que no mesmo mes do ano anterior, no que comezaron as restricións derivadas da pandemia, o que supón unha perda conxunta de máis de 80.000 viaxeiros.

No entanto, os efectos non foron iguais para as tres terminais. As limitacións para o turismo provocaron, segundo os datos publicados por Aena, que o aeroporto de Santiago caese tanto en cifra de pasaxeiros como en número de operacións, por baixo dos de Vigo e A Coruña no terceiro mes do ano, investindo a tendencia habitual.

En concreto, en marzo só usaron o aeroporto Rosalía de Castro 22.781 persoas, un 70,8% menos que o terceiro mes de 2020 e un 89,2% menos que en marzo de 2019, previo á pandemia.

O aeroporto con mellor cifra de pasaxeiros en marzo foi Vigo, por onde pasaron 24,116 usuarios, un 71,6% menos que no mesmo mes de 2019 pero só un 16,3% por baixo de marzo de 2020. Na Coruña, pola súa banda, o número de viaxeiros caeu un 46,4% con respecto ao ano pasado e un 78,1% en referencia ao anterior, ata os 23.856

OPERACIÓNS

Tamén as operacións baixaron no conxunto dos aeroportos galegos, aínda que en menor medida que os pasaxeiros grazas ás ligazóns de carga. De forma global, foron 1.914 voos.

Por aeroportos, o que experimentou unha maior caída no terceiro mes do ano foi o de Santiago, con 455 operacións, un 45% por baixo de marzo de 2020. Tanto en Vigo como na Coruña, con todo, esta cifra repuntou en torno ao 10%, alcanzando as 568 e as 891 operacións, respectivamente.

Finalmente, en canto á carga, o aeroporto de Santiago xestionou un 101% máis que hai un ano, mentres que o de Vigo creceu un 485% neste índice e o da Coruña baixou un 28%.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...