InicioSociedadeOs veciños de Arcade, molestos coa intención de colocar torretas fronte as...

Os veciños de Arcade, molestos coa intención de colocar torretas fronte as súas casas sen previo aviso

PUBLICADO O

- Advertisement -

A intención de Augas de Galicia de colocar varias torretas de alarma na conca do Verdugo, tres delas en Soutomaior, está a provocar un importante malestar entre veciños da Batería, no barrio do Conde en Arcade.

Segundo denuncian os propios veciños “a ubicación desta torreta impónsenos sen ningún tipo de consulta e sen posibilidade de consensuar nada. Tivemos que ser nós os que nos preocupamos de buscar información e agora descubrimos  que nos queren poñer na porta da casa uns postes de 11 metros de altura dotados de altavoces con placas fotovoltaicas, todo isto sen dicirnos nada e sen darnos ningún tipo de información”.

Polo tanto, varios veciños se puxeron en contacto co grupo municipal do BNG para denunciar unha situación que consideran inxusta e “na que nos tratan como se non existísemos. Veñen, miden e fan como se aquí non vivise ningúen”.

Os veciños denuncian tamén que a torreta vai ter un impacto paisaxístico moi importante nas portas das nosas casas, ademais de ter que aturar as molestias e ruídos pegados ás  ventás cada vez que fagan as probas.

“Non nos opoñemos a que se faga esta obra, pero teremos que chegar a un acordo para que se ubique no lugar que teña menos consecuencias para a xente” sinalaron os afectados.

Pola súa banda, o portavoz municipal do BNG, Manu Lourenzo, sinalou que “non é de recibo que nin dende o Concello nin dende Augas de Galicia se lles dese ningun tipo de información á veciñanza”.

“No concello imos ter tres torretas deste tipo pero esta é a única que está no medio dun núcleo habitado. Un lugar ademais con alto valor paisaxístico. Cremos que non se poden facer así as cousas xa que a falta de información sobre as características deste plan de seguridade xa provocou dúbidas e malestar noutros lugares do concello”, engadiu Lorenzo.

Polo tanto, concluíu que “se teñen que facer esas infraestruturas o mínimo é que tanto Agustín Reguera como os responsables de Augas de Galicia intenten chegar a un acordo cos veciños para consensuar unha ubicación nun lugar onde o impacto desas infraestruturas sexa o mínimo posible”.

ÚLTIMAS

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...

Sindicatos calculan un 20% de seguemento na quenda de noite de Stellantis Vigo

Datos desiguais sobre o seguimento da folga xeral deste mércores nas distintas compañías industriais...