InicioEconomíaSindicatos calculan un 20% de seguemento na quenda de noite de Stellantis...

Sindicatos calculan un 20% de seguemento na quenda de noite de Stellantis Vigo

CC.OO. cifra nun 70% o seguimento no sector industrial

PUBLICADO O

- Advertisement -

Datos desiguais sobre o seguimento da folga xeral deste mércores nas distintas compañías industriais de Galicia a primeira hora desta mañá, cun 100% de paro na fábrica de Alcoa San Cibrao nos quendas de noite e de mañá, tamén gran seguemento en Navantia, conserveiras e outras industrias, asi como no transporte,  en contraste cun 20% na quenda de noite en Stellantis Vigo.

Así o indicaron fontes sindicais consultadas por Europa Press, que destacan que en Alcoa a folga foi seguida pola totalidade do persoal, despois de que os piquetes informativos estivesen ás portas de acceso da factoría. A situación foi distinta a vivida esta noite en Stellantis Vigo, que traballou con “normalidade” e con “pouco” seguimento da folga, que outras fontes sindicais calculan nun 20%. 

“Pola mañá moito máis seguimento ca pola noite”, subliñan, aínda que de momento non teñen datos porcentuais sobre este seguimento. Na fábrica automobilística tamén se rexistraron piquetes dende antes mesmo das 00.00 horas deste mércores. Con todo, esta mañá si houbo “incidencias” na planta de Balaídos, que estivo parada a primeira hora desta mañá, aseguran fontes sindicais. Non obstante, lembran que o Sistema 1 permanece sen actividade por falta de compoñentes, polo que só está a traballar a metade da fábrica.

“Iso xa ten un impacto produtivo, aínda que non sexa consecuencia da folga, pero tamén ten un impacto nas posibilidades da empresa de cubrir os postos dos traballadores folguistas. Esa é unha das cuestións que imos vixiar e, se é necesario, denunciaremos a vulneración do dereito de folga”, sentenciaron dende un sindicato.

SEGUIMENTO DO 70%

Pola súa banda, Comisiós Obreiras apuntou a un seguimento “importante” da folga en Galicia. Segundo as súas cifras, na industria o seguimento sitúase arredor do 70%, con fábricas “paralizadas” na “práctica totalidade” como Navantia Ferrol, GKN Driveline en Vigo e a conserveira Profand e DS Smith en Vilagarcía.

Tamén o polígono do Tambre, en Santiago, “permanecera pechado por completo durante dúas horas esta mañá”, no momento de entrada da maior parte dos traballadores.Salienta como “destacable” a participación dos traballadores nos portos do Estado radicados en Galicia, cun seguimento que rolda, segundo os seus datos, o 60% nestas primeiras horas de folga.

No transporte por estrada, un 80% dos traballadores, segundo as súas cifras, non está acudindo ao seu posto, unha porcentaxe que eleva ao 100% no caso de Monbús en Lugo. No sector ferroviario, tamén fixa o seguimento no 70%, e na recollida de lixo elévao ao 80%. “Estes sectores, en todo caso, están marcados polos abusivos servizos mínimos impostos pola Xunta e outras administracións”, insiste.

ÚLTIMAS

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...

Vigo e as pensións

POR ÓSCAR LOMBA, activista social e integrante de Podemos Defender as pensións públicas é defender...

Vigo, epicentro dunha folga xeral con numerosas mobilizacións en toda Galicia

Os traballadores galegos están convocados este mércores 11 de novembro a secundar unha folga...

Disney+ desembarca no Nadal de Vigo cunha experiencia inmersiva gratuíta e “única”: así será a nova atracción do centro da cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que Disney+ instalará na rúa Policarpo Sanz...