InicioSucesosInvestigado un veciño de Moaña por conducir sen carné e cun adhesivo...

Investigado un veciño de Moaña por conducir sen carné e cun adhesivo falso da ITV

Unha dotación da Policía Local de Bueu solicitou apoio da Garda Civil despois de que o condutor se saltase un control e non fixese caso das indicacións dos axentes para deterse.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil de Pontevedra tramitou dilixencias de denuncia contra un veciño de Moaña, de 38 anos de idade, a quen se investiga por un suposto delito contra a seguridade viaria e outro de falsidade documental, por circular sen carné e cun adhesivo falso da ITV, que tiña caducada.

Segundo informaron fontes do Instituto Armado, os feitos ocorreron na mañá do pasado martes, 23 de marzo, cando unha dotación da Policía Local de Bueu solicitou apoio da Garda Civil despois de que un condutor se saltase un control e non fixese caso das indicacións dos axentes para deterse.

O vehículo foi finalmente interceptado por axentes da Benemérita no quilómetro 6 da autovía AG-46, no termo municipal de Moaña. Ao identificar o condutor e comprobar a súa documentación, a Garda Civil constatou que carecía de permiso de conducir vixente, xa que lle fora retirado por perda de puntos.

Ademais, o coche tiña a ITV caducada desde 2015, e levaba na parte superior da lúa dianteira un adhesivo falso coma se esa inspección tivese o período de validez en vigor.

Por todo iso, instruíronse dilixencias contra o condutor, investigado como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria e outro de falsidade documental. As actuacións foron remitidas ao xulgado de instrución de garda de Cangas.

ÚLTIMAS

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...

Sindicatos calculan un 20% de seguemento na quenda de noite de Stellantis Vigo

Datos desiguais sobre o seguimento da folga xeral deste mércores nas distintas compañías industriais...

Vigo e as pensións

POR ÓSCAR LOMBA, activista social e integrante de Podemos Defender as pensións públicas é defender...

Vigo, epicentro dunha folga xeral con numerosas mobilizacións en toda Galicia

Os traballadores galegos están convocados este mércores 11 de novembro a secundar unha folga...