InicioPolíticaCaballero acusa a Feijóo de non ter dado "nin un só paso"...

Caballero acusa a Feijóo de non ter dado “nin un só paso” para instalar unha planta de baterías na área de Vigo

O alcalde de Vigo denunciou que a Xunta mantén a mesma actitude co estaleiro Barreras, que está "nunha situación complicada" e non conta co apoio da administración autonómica.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, censurou este venres que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, non dese “nin un só paso” para lograr a instalación dunha fábrica de baterías na área viguesa, e lembrou que o goberno galego ten as competencias “exclusivas” en materia industrial.

Así respondeu o rexedor olívico en rolda de prensa, a preguntas dos medios sobre o apoio do Goberno central á instalación dunha planta de baterías en Martorell, un dos proxectos ‘tractores’ que optarán a fondos europeos Next Generation, segundo anunciou nas últimas horas a ministra Reyes Maroto.

O alcalde de Vigo, que xunto á Zona Franca (dirixida por David Regades) e a Deputación de Pontevedra pretende impulsar o proxecto dunha fábrica de baterías na contorna da cidade, expresou a súa “preocupación” porque o goberno galego non tomase a iniciativa para conseguir unha instalación así. “É inadmisible e intolerable”, advertiu.

“Insto a Feijóo a se mova inmediatamente”, proclamou o rexedor, quen insistiu en que a industria é unha competencia “exclusiva” do goberno galego e, a pesar diso, Feijóo “non deu nin un só paso”. “De novo, terémolo que facer outros”, engadiu.

Ademais, denunciou que a Xunta mantén a mesma actitude co estaleiro Barreiras, que está “nunha situación complicada” e non conta co apoio da administración autonómica, segundo Abel Caballero.

ÚLTIMAS

Rescatadas seis persoas que se atopaban a bordo dun veleiro a 155 millas de Vigo

Gardacostas de Galicia, no helicóptero Pesca 1, rescatou este mércores a seis persoas que...

A CIG chama a lanzar un “berro de non á guerra coherente” este 1 de maio en Vigo

A CIG chama a lanzar un "berro de non á guerra" este 1 de...

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...