InicioSociedadeO TSXG avala a adxudicación da xestión da 'zona azul' de aparcadoiro...

O TSXG avala a adxudicación da xestión da ‘zona azul’ de aparcadoiro á empresa Dornier

O alto tribunal galego entende que o "erro aritmético" no reconto de postes de recarga non altera a oferta económica e, doutra banda, tamén rexeita o argumento da recorrente, de que a súa oferta técnica non cumpría o prego, en relación ao consumo enerxético dos parquímetros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sala do Contencioso Administrativo, sección segunda, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ditou unha sentenza na que desestima a demanda dunha das empresas que concorreu á licitación do servizo de estacionamento de ‘zona azul’ de Vigo, e avala a adxudicación, realizada polo goberno local en decembro de 2017, á empresa Dornier.

A empresa recorrente, Setex Aparki, impugnou a adxudicación desa concesión (cun contrato por valor de 23,4 millóns de euros) porque entendía que a oferta gañadora, a de Dornier, debía excluírse do proceso ao incorrerse nunha serie de supostas irregularidades. Así, entre outras cuestións, Setex alegou que había unha incongruencia entre a oferta técnica e a económica, en relación ao número de postes de recarga de vehículos eléctricos.

Nunha primeira instancia, o Tribunal Central de Recursos Contractuais desestimou as pretensións de Setex Aparki, e agora o TSXG pronunciouse no mesmo sentido.

O alto tribunal galego entende que o “erro aritmético” no reconto de postes de recarga non altera a oferta económica e, doutra banda, tamén rexeita o argumento da recorrente, de que a súa oferta técnica non cumpría o prego, en relación ao consumo enerxético dos parquímetros. Respecto diso, o TSXG lembrou que hai un certificado do fabricante que avala que as características deses parquímetros axústanse ás condicións previstas no prego.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...