InicioSociedadePetición para o traslado do Marisquiño a Culleredo

Petición para o traslado do Marisquiño a Culleredo

A organización Máis por Culleredo considera "que os obstáculos económicos que apareceron en Vigo non teñen porque aparecer na comarca coruñesa onde se conta con espazos consolidados que non ofrecen obstáculos técnicos".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A organización Máis por Culleredo remitiu este luns un escrito aos concellos de Culleredo e A Coruña, así como á Deputación coruñesa, cunha proposta para que se inicien as xestións coa empresa que xestiona o Festival O Marisquiño para celebrar este evento no paseo marítimo do Burgo.

“Consideramos que a área coruñesa está, desde hai anos, orfa deste tipo de actividades, que xeran un retorno económico importante durante a súa celebración e que melloran o posicionamento turístico da comarca”, indican tras o anuncio de que deixará de celebrarse en Vigo.

Máis por Culleredo considera “que os obstáculos económicos que apareceron en Vigo non teñen porque aparecer na comarca coruñesa onde se conta con espazos consolidados que non ofrecen obstáculos técnicos“.

ÚLTIMAS

A ministra de Deportes suxire que Vigo será sede do Mundial de Fútbol

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Milagros Tolón, asegurou que o estadio...

Rescatados dous tripulantes que encallaron co seu veleiro en Cabo Silleiro

O rescate dos dous tripulantes dun veleiro que quedou encallado fronte á costa de...

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...