InicioSociedadeUn millón de euros para rehabilitar o Conservatorio de Vigo tras anos...

Un millón de euros para rehabilitar o Conservatorio de Vigo tras anos de queixas pola súa deterioración

Segundo informaron fontes da Xunta, a redacción do proxecto xa está encargada e as obras poderían licitarse antes de verán, e iniciarse antes de que acabe este ano.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade investirá máis dun millón de euros na rehabilitación do Conservatorio Superior de Música de Vigo, un edificio con numerosas deficiencias e un alto grao de deterioración, cuxos alumnos e profesores levan anos denunciando a situación.

Así o trasladou á dirección do centro o secretario xeral técnico da Consellería, Manuel Vila, que este mércores visitou as instalacións xunto coa delegada territorial do goberno galego, Marta Fernández-Tapias.

Segundo informaron fontes do departamento autonómico, a redacción do proxecto xa está encargada e as obras poderían licitarse antes de verán, e iniciarse antes de que acabe este ano.

Fernández-Tapias recoñeceu que era necesario acometer estas obras “de forma urxente”, unha intervención que “non podía demorarse máis no tempo”. Respecto diso, asegurou que esta rehabilitación se marcou como “prioritaria” nos orzamentos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

O programa de rehabilitación prevé actuacións sobre os tres edificios do Conservatorio. Así, no edificio 1 (unha antiga vivenda unifamiliar) acometerase unha intervención “xeral” para mellorar a envolvente térmica e impermeabilizar as fachadas; impermeabilizar e illar as cubertas; substitución da carpintaría exterior; e revisión do saneamento.

No edificio 2, de aulario e auditorio, tamén se revisará o saneamento e acometerase unha nova impermeabilización, así como illamento de cubertas. Finalmente, renovarase o sistema de calefacción do tres edificios.

ÚLTIMAS

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...

Organizacións de produtores de Vigo reclaman axilizar axudas ante a “difícil situación” da frota pesqueira

Organizacións de produtores viguesas (Opnapa, OPPC-3 e OPPF-4) trasladaron á secretaria xeral de Pesca,...

Besteiro pon o foco nas 100.000 vivendas baleiras de Galicia e esixe á Xunta actuar, poñendo a Vigo como exemplo de boa xestión: “Non...

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, puxo este venres como exemplo...