InicioSociedadeProposta de Ciudadanos para 'bautizar' o circuíto de atletismo de Castrelos co...

Proposta de Ciudadanos para ‘bautizar’ o circuíto de atletismo de Castrelos co nome de Alejandro Gómez

Ciudadanos propuxo tamén que se teña un recordo para Diego García, compañeiro de Alejandro e que faleceu mentres adestraba con el en 2001.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A agrupación local de Ciudadanos en Vigo propuxo este xoves ‘bautizar’ o circuíto de atletismo do parque de Castrelos co nome do atleta Alejandro Gómez, ‘o galgo de Zamáns’, recentemente falecido.

A través dun comunicado remitido aos medios, o coordinador local do partido laranxa, Miguel Blanco, lembrou que Alejandro Gómez “foi un dos mellores atletas galegos de todos os tempos” e, polo seu “indubidable talento” e os seus “valores humanos”, merece que este circuíto leve o seu nome e o seu recordo perdure.

Blanco lembrou que o atleta galego tiña un “vínculo moi especial” con este parque, onde adestraba habitualmente e no que se deixaba ver preparando os seus campionatos de fondo. Por iso, o responsable local da formación laranxa entende que “sería un bonito xesto”, ademais de bautizar ao circuíto de Castrelos, colocar unha escultura de Alejandro Gómez no propio parque.

Ciudadanos propuxo tamén que se teña un recordo para Diego García, compañeiro de Alejandro e que faleceu mentres adestraba con el en 2001. “Con Diego compartiu moi bos momentos na súa carreira como atleta, e quizais o máis duro da súa vida: estar presente no momento da súa morte e non poder socorrerlle. Por iso, tamén cremos que sería un bonito xesto para o atletismo e a relación destes dous atletas o que tivesen senllas esculturas hermanadas”, apuntou Miguel Blanco.

Finalmente, quixo trasladar o seu máis sentido pésame a toda a familia de Alejandro e a todo o atletismo vigués de parte dos membros da Xunta Directiva de Ciudadanos Vigo e dos afiliados que eran máis próximos ao atleta.

ÚLTIMAS

A CIG denuncia que o modelo de Muface prioriza o beneficio económico sobre o dereito á saúde

A CIG denunciou este luns que o modelo de mutualismo administrativo está deseñado para...

La Reina del Flow encabezará o Galicia Fest 2026 cun concerto no Porto de Vigo

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, anunciou este luns o primeiro cabeza...

Guerra de cifras e reproches entre a Xunta e o Concello de Vigo pola vivenda e o Mundial 2030

A Xunta de Galicia reivindicou este luns o seu compromiso coa construción de vivenda...

Un policía local de Redondela resulta ferido ao deter un home que tentou reter a unha moza

Un axente da Policía Local de Redondela resultou ferido este fin de semana durante...