InicioSociedadeMarea de Vigo esixe que a AP-9 sexa "100% pública e sen...

Marea de Vigo esixe que a AP-9 sexa “100% pública e sen peaxes”

Rubén Pérez sostén que "calquera medida que non quite a Audasa da xestión da infraestrutura é un parche".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Marea de Vigo considerou “histórico” o debate sobre a transferencia da AP-9, aínda que esixiu que a cidade olívica, “como cidade especialmente agraviada, comece a reclamar dunha forma vehemente” unha autoestrada 100 por cen pública e sen peaxes en ningún tramo”.

Así se pronunciou o portavoz do grupo municipal da Marea de Vigo, Rubén Pérez, nunha rolda de prensa este martes, 2 de febreiro, na que incidiu en que “calquera medida que non quite a Audasa da xestión da infraestrutura é un parche“. Desta forma, remarcou que espera que comécese “a traballar de cara á nacionalización da autoestrada”.

“Sabemos que Audasa vai pretender ampliar esa concesión ou cobrar unha indemnización pola diminución de viaxes durante a situación covid”, alertou Pérez, que a colación diso insistiu en que “é fundamental comezar xa co debate para recuperar a autoestrada para o público”.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...