InicioSucesosDenunciado un condutor ebrio e coa ITV caducada que chocou contra un...

Denunciado un condutor ebrio e coa ITV caducada que chocou contra un poste en Vigo

Ademais, o condutor abrio desprazábase para reunirse con familiares non conviventes, polo que foi denunciado por non respectar as medidas preventivas ante o covid-19.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo denunciaron a un condutor de iniciais J.M.C.F. e 45 anos de idade, que chocou contra un poste e tratou de fuxir do lugar ao atoparse baixo os efectos do alcol e levar a ITV caducada.

Tal e como informou a Policía Local, os feitos ocorreron sobre as 18:20 do pasado domingo, 31 de xaneiro, cando se recibiu unha alerta por un accidente de circulación na rúa Núñez de Balboa.

Ao chegar ao lugar, os axentes comprobaron que o condutor presentaba claros síntomas de atoparse baixo os efectos de bebidas alcólicas. Ao facerlle a proba, o home arroxou positivos de 0,50 e 0,58 mg/l de alcol por aire expirado. Así mesmo, comprobouse que o vehículo non pasara a ITV.

Por todos estes motivos, o vehículo foi retirado ao depósito. Ademais, denunciouse administrativamente ao condutor polos feitos citados, así como por non respectar as medidas preventivas ante o covid-19, posto que se desprazaba para reunirse con familiares non conviventes.

AXUDA HUMANITARIA

Doutra banda, sobre as 17:30 horas do pasado sábado, 30 de xaneiro, a Policía Local recibiu un aviso porque un home se precipitou á auga xunto ao campo de fútbol Baltasar Pujales (Campo Municipal de Bouzas) e tiña dificultades para saír.

Unha vez no lugar, os efectivos policiais comprobaron que uns mozos axudaran a saír da auga ao home, de 57 anos de idade, quen explicou que, ao tentar recoller un balón que caera desde o campo de fútbol, tropezouse, caendo ao mar.

O home rexeitou recibir atención médica, aínda que, debido a que se trasladou en bicicleta ata o lugar, entregóuselle unha manta térmica e foi levado ao seu domicilio en vehículo patrulla para evitar que perdese máis temperatura.

ÚLTIMAS

Remolcan a un buque portacoches tras sufrir problemas no motor á altura de Monteferro

Dous remolcadores acudiron a axuliar ao buque portacoches 'Grande Atlántico', que se dirixía ao...

Investigan a morte dunha persoa atopada no interior dun coche calcinado no monte de Trasmañó, en Redondela

A Policía Nacional de Vigo investiga a morte dunha persoa que foi atopada no interior dun...

O mosaico romano de Panxón emprende o retorno definitivo a Nigrán despois de 25 anos de exilio

O alcalde de Nigrán, Juan González, recibiu este sábado, nun acto na galería Colnaghi de...

O conselleiro de Sanidade di “non compartir os mantras ideolóxicos” da manifestación de Vigo: “Eu non estiven”

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, volveu cargar contra os "mantras ideolóxicos" da Plataforma SOS...