InicioSociedadeBelén Baltar, nova subdirectora de RRHH da área sanitaria de Vigo

Belén Baltar, nova subdirectora de RRHH da área sanitaria de Vigo

Xa exercera no Álvaro Cunqueiro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) nomeou como nova subdirectora de recursos humanos da área sanitaria de Vigo a Belén Baltar Trabazo, quen xa ocupou varios cargos directivos no Complexo Hospitalario de Ourense e o Complexo Hospitalario de Vigo. Así o comunicou o Sergas, que indicou que Baltar exerceu desde outubro de 2015 como responsable da Oficina Técnica de Seguimento (OTS) do Hospital Álvaro Cunqueiro e incorporouse este mércores ao seu novo cargo.

Belén Baltar é licenciada en dereito e especializouse na xestión do ámbito sanitario a través dun máster en xestión e administración sanitaria e outro en dereito sanitario. Ademais, ten as diplomaturas de Directivo da Xunta e de Alta Dirección Hospitalaria.

ÚLTIMAS

A ministra de Deportes suxire que Vigo será sede do Mundial de Fútbol

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Milagros Tolón, asegurou que o estadio...

Rescatados dous tripulantes que encallaron co seu veleiro en Cabo Silleiro

O rescate dos dous tripulantes dun veleiro que quedou encallado fronte á costa de...

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...