InicioEconomíaO empresariado urxe axilizar trámites administrativos para a recuperación económica

O empresariado urxe axilizar trámites administrativos para a recuperación económica

O Círculo de Empresarios de Galicia constata que a pandemia de COVID causou unha "profunda deterioración económica".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Círculo de Empresarios de Galicia fixo este mércores un chamamento para que as administracións adopten medidas encamiñadas a axilizar as tramitacións administrativas, co fin de poder “aproveitar” os fondos de recuperación postpandemia e que estes sexan eficaces na reactivación da economía.

Así o trasladou a presidenta da entidade empresarial viguesa, Patricia García, quen deu a coñecer un manifesto elaborado polo Foro de Entorno Socioeconómica do Círculo, no que se recollen os eixos fundamentais para a reconstrución económica.

No documento, os empresarios constatan que a pandemia de COVID causou unha “profunda deterioración económica” e, aínda que os fondos da UE “abren unha etapa de oportunidade”, o Foro non oculta a súa “preocupación” ante algúns factores que poderían “condicionar o éxito” da tarefa de recuperación.

Por iso, expuxeron unha serie de demandas “irrenunciables”, entre as que destacan a necesidade de axilizar e simplificar os procedementos administrativos, algo que debe ir acompañado de políticas fiscais que atraian investimento e dunha “armonización lexislativa nacional”.

O Círculo tamén fai fincapé na importancia de “concluír dunha vez por todas as infraestruturas” en obras en Galicia e as que están pendentes de executar, como o AVE, as conexións dos portos coa rede europea, ou a saída sur ferroviaria de Vigo.

Os empresarios reclamaron tamén unha formación “continua e versátil”, que estea adaptada ás necesidades do tecido empresarial, e na que se premien “o esforzo e a meritocracia”; así como unha maior aposta polas enerxías limpas, co “desbloqueo” da autorización para instalar parques eólicos mariños.

Finalmente, reclamaron políticas de promoción económica para “vender” Galicia como un bo lugar “para investir, traballa e vivir“, e pediron “aproveitar” a condición transfronteiriza con Portugal, para facer avanzar a eurorrexión con intereses e obxectivos comúns.

ÚLTIMAS

Vigo e o turismo invisible

​Sempre que se analiza o éxito turístico de Vigo, os titulares repiten os mesmos...

O TSXG confirma catro anos de cárcere para un home por agredir sexualmente á neta da súa parella

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a pena de catro anos...

Abel Caballero pide ao Ministerio que Vigo sexa sede do Mundial 2030 tras a saída de Málaga

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reuniuse este luns coa ministra de Educación, Formación...

Abel Caballero destaca o “moi bo comportamento” do turismo en Vigo durante febreiro

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reivindicou a "moi boa ocupación hoteleira" da cidade...