InicioEconomíaSuspendida a quenda de noite en PSA Vigo ante a falta de...

Suspendida a quenda de noite en PSA Vigo ante a falta de subministracións provocadas por Filomena

As auxiliares tamén están tendo problemas

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os problemas para circular debido á borrasca ‘Filomena’ e o bloqueo nas vías de comunicación pola neve e o xeo impediron o transporte de subministracións á planta de PSA Peugeot Citroën en Vigo, o que obrigou a suspender a quenda de noite deste domingo.

Segundo confirmaron a Europa Press fontes da empresa, a imposibilidade de que os camións chegasen á planta cos compoñentes fixo que se anulase a quenda, no que traballan uns 700 operarios, da liña M2 (na que se montan as furgonetas).

As mesmas fontes precisaron que, nestes momentos, “trabállase con normalidade” na fábrica, e que a empresa tomará decisións “en función de como evolucione a situación”, por se fose necesario volver axustar as quendas, no caso de que se manteñan os problemas de subministración.

Ademais dos transportes de compoñentes, explicaron desde PSA, asentados en zonas azoutadas por ‘Filomena’, e que “tiveron problemas para que os seus propios traballadores puidesen incorporarse ás fábricas”.

ÚLTIMAS

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...