InicioCulturaAsí serán os Reis da covid: cabalgatas estáticas e recepcións con cita...

Así serán os Reis da covid: cabalgatas estáticas e recepcións con cita previa

Na Cañiza percorrerán todas as parroquias e en Tui agardarán polos nenos no teatro municipal.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As recepcións oficiais con cita previa substituirán as cabalgatas de Reis nos principais municipios galegos, que cancelaron a repartición de lambetadas por seguridade, e A Coruña e Pontevedra serán as únicas cidades que as súas ‘maxestades’ percorrerán nunha celebración cuxa organización foi modificada debido á pandemia.

En Vigo, o Concello habilitou unha plataforma ‘en liña’ para solicitar unha cita previa de acceso á Cabalgata, que contará con oito carrozas ‘estáticas’ que se situarán na Avenida de Castelao este 5 de xaneiro desde as 12,00 ata as 20,00 horas e na que os Reis utilizarán máscara.

En concreto, conformaranse dúas filas de acceso ás carrozas desde a Praza de América, unha para as persoas que conten con cita previa, que se poderá realizar desde a páxina web do Concello, e outra para as que non realizasen a solicitude. O alcalde, Abel Caballero, apuntou que a temática escollida para este ano foi ‘Civilizacións do mundo na historia’.

A CAÑIZA E TUI

Mentres, o Concello da Cañiza  adiantou a este luns a cabalgata de Reis, que partirá do Rañadoiro ás 18,00 horas. Como novidade, este ano os tres reis visitarán todas as parroquias da localidade entre as 14,30 horas e as 17,05 horas. Tamén acudirán a todas as parroquias de Sober este martes entre as 10,30 e as 14,00 horas.

Pola súa banda, os nenos de Tui poderán acudir a unha recepción oficial dos Reis no teatro municipal entre as 11,30 e as 13,30 horas e desde as 16,00 ás 19,30 horas, para o que se habilitou un sistema de cita previa.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...