InicioSucesosRetencións na A-52 tras unha colisión múltiple en Ponteareas que deixa tres...

Retencións na A-52 tras unha colisión múltiple en Ponteareas que deixa tres feridos

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha colisión múltiple con cinco vehículos implicados ocorrida na tarde deste venres en Ponteareas  saldouse con tres persoas feridas. Ademais, o accidente provocou retencións na A-52 en sentido Vigo.

Segundo informan a Europa Press fontes do 112 Galicia, o suceso tivo lugar no tramo entre Ponteareas e O Porriño. Sobre as 17,50 horas da tarde, a central de emerxencias tivo constancia do sinistro e pasou o aviso á Garda Civil de Tráfico, ao GES de Ponteareas e ao servizo de mantemento da estrada.

Ao parecer, segundo datos proporcionados polo Instituto Armado ao 112, houbo cinco turismos implicados neste accidente múltiple e o tres feridos tiveron que ser trasladados a un centro hospitalario. Ademais, un deles necesitou ser excarcerado polo GES.

ÚLTIMAS

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...