InicioSucesos'Cazan' a un suposto ladrón en Vigo no interior dun coche logo...

‘Cazan’ a un suposto ladrón en Vigo no interior dun coche logo de forzar a porta

O home levaba enriba un móbil pertencente ao dono do coche.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, L.M.V., de 37 anos de idade, como presunto autor dun roubo con forza, tras ser sorprendido no interior dun vehículo, que forzara, para apoderarse de diversos efectos. Segundo informaron fontes policiais, os feitos tiveron lugar á primeira hora da mañá deste martes, cando unha patrulla que se atopaba rúa do Marqués de Valladares foi abordada por un cidadán.

Este home explicou aos axentes que se dirixiu a recoller o seu coche, estacionado na rúa, para ir a traballar, e atopou unha persoa no seu interior, a pesar de que deixara o vehículo pechado. Os policías desprazáronse ao lugar rapidamente e comprobaron que, dentro do coche, había unha persoa e que o interior estaba revolto.

Os axentes identificaron o sospeitoso, que foi identificado cun numersos obxectos sustraídos do vehículo, entre eles un teléfono móbil e un reprodutor de son que pertencían ao dono do vehículo. A patrulla de Policía Local procedeu nese momento á detención do suxeito, sen que trascenderan as circunstancias e condicións deste proceso.

ÚLTIMAS

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Prohibida a pesca do choco nas rías de Vigo e Pontevedra durante máis de tres meses

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves as resolucións da Consellería do...

PP e BNG de Vigo acusan que se impediu aos feirantes acdeder ao Concello e o goberno local négao

Os grupos municipais do PP e o BNG criticaron este xoves que se impediu...