InicioEconomíaPublicadas as actas previas de ocupación de terreos para a ampliación do...

Publicadas as actas previas de ocupación de terreos para a ampliación do recinto feiral de Vigo

O Concello reunirase este venres cos donos para comunicarlles a ocupación dos terreos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) publicou o levantamento de actas de previas de ocupación dos terreos precisos para a ampliación do recinto feiral de Vigo.

Este documento representa o primeiro contacto entre a administración expropiante e os propietarios. Ademais, en rolda de prensa, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, lembrou que o proceso de expropiación iniciouse o pasado 27 de novembro.

A este respecto, indicou que o Concello se reunirá este venres cos donos para comunicarlles a ocupación dos terreos e sinalou que, se os propietarios reciben os recursos, o chan “quedará inmediatamente ocupado” e, se non actúan dese modo, “deposítanse e ocúpase igual”.

Con todo, afirmou que o proceso “vai moi xusto” de tempo para permitir que estea terminado antes da celebración da feira Conxemar en 2021. Así, responsabilizou desta situación á Xunta, que “aínda non licitou” a obra e “nin sequera moveu un papel nesa dirección”.

Deste xeito, denunciou que o Goberno galego “utiliza como desculpa que non ten chan”. No entanto, Abel Caballero asegurou que “podía estar xa a adxudicación (dos traballos) feita” para permitir que o seu inicio tivese lugar tras a comunicación da expropiación aos propietarios que se levará a cabo esta semana.

Así mesmo, acusou á Xunta de “atrasar dous meses” o proceso e advertiu de que será “responsable” se “a ampliación non está dispoñible para o seguinte Conxemar”.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...