InicioSociedadeA UVigo lidera en Galicia proxectos de mellora da detección do coronavirus...

A UVigo lidera en Galicia proxectos de mellora da detección do coronavirus e analiza a súa circulación e evolución

A Universidade de Vigo dirixe tres das cinco iniciativas financiadas en Galicia co Fondo Supera COVID-19 do Banco Santander.

PUBLICADO O

A Universidade de Vigo (UVigo) lidera proxectos de detección do SARS-CoV-2 e analiza a súa circulación e a súa evolución, traballos que suman tres das cinco iniciativas financiadas en Galicia co Fondo Supera COVID-19 do Banco Santander.

A institución académica viguesa precisou que recibiu 515.000 euros dos 770.000 euros que o fondo da entidade destinou ás tres universidades galegas a través de Santander Universidades e en colaboración con CRUE Universidades Españolas e o CSIC.

Así, tres dos cinco proxectos beneficiarios en Galicia desenvólvense na UVigo (Epicovigal, SERSforSARS e DIMCoVAR) e os dous restantes na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Universidade da Coruña (UDC).

Epicovigal está dirixido polo catedrático David Posada e busca entender a evolución e a circulación do SARS-CoV-2 en Galicia a través da análise xenómica de mostras de pacientes infectados para facilitar a toma de decisións no ámbito da saúde pública.

Mentres, o traballo SERSforSARS, liderado polos investigadores Lorena Vázquez-Iglesias e Jorge Pérez-Juste, aspira a desenvolver un test que permita a identificación ultrasensible do virus.

Pola súa banda o obxectivo de DIMCoVAR, que dirixe o profesor Claudio Cameselle, é alcanzar unha mellora dos procesos de detección, infección e modelización de SARS-CoV-2 mediante as análises de estacións depuradoras de augas residuais e bioindicadores mariños.

O Fondo Supera COVID-19 recibiu máis de 700 solicitudes de traballos procedentes de toda España. Deste xeito, búscase apoiar proxectos impulsados por universidades españolas e o CSIC relacionados coa investigación sobre o virus e a súa prevención, estudos de impacto social e o fortalecemento da capacidade tecnolóxica das universidades e a redución da fenda dixital.

ÚLTIMAS

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...