InicioSociedadeO Sergas apraza cirurxías no Álvaro Cunqueiro ante o colapso da UCI

O Sergas apraza cirurxías no Álvaro Cunqueiro ante o colapso da UCI

O Servizo Galego de Saúde reprogramou catro cirurxías non urxentes ás que este martes se sumou o adiamento doutras tres.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Sergas aprazou a realización de sete intervencións cirúrxicas previstas para este luns e este martes no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo para evitar a saturación das unidades de coidados intensivos (UCI). Fontes do Sergas explicaron a Europa Press que este luns se reprogramaron catro cirurxías non urxentes ás que este martes se sumou o adiamento doutras tres.

Aínda que o hospital aínda dispón de espazo na área de reanimación, a de coidados críticos atópase completa, polo que se adoptou esta medida de modo preventivo para evitar a saturación da UCI ante a evolución da pandemia.

As mesmas fontes insistiron en que o adiamento só se poderá aplicar a intervencións cirúrxicas demorables relacionadas con patoloxías que non impliquen “un compromiso vital nin de calidade de vida” para os pacientes.

Neste sentido, garantiuse a realización nas datas previstas de intervencións cirúrxicas de urxencia, prioridade 1 e oncolóxicas.

Segundo datos do Sergas actualizados ata este luns ás 18,00 horas, a área sanitaria de Vigo suma 99 pacientes con COVID-19 ingresados, dos que 23 se atopan en UCI.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...