InicioEconomíaMedio Ambiente reserva 12 millóns para accións de vivenda en Vigo

Medio Ambiente reserva 12 millóns para accións de vivenda en Vigo

Ángeles Vázquez presentou en Vigo as actuacións para a cidade olívica do orzamento do seu departamento, pendentes de ser presentadas.

PUBLICADO O

As contas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para o ano 2021 reserva máis de 12 millóns para accións de vivenda na cidade de Vigo, onde se impulsará a construción do novo barrio de San Paio de Navia, que concentrará o 60% de ditas partidas con 8 millóns de euros de orzamento.

Así o avanzou a titular do departamento autonómico, Ángeles Vázquez, na súa visita este sábado a un inmoble da rúa Baiona da cidade olívica beneficiario dun plan de axudas autonómico para a mellora da eficiencia enerxética.

Alí, Vázquez sinalou que 12 millóns das contas de Medio Ambiente –pendentes de desagregar por parte da Administración autonómica– dedicaranse a accións que pretenden incrementar o parque de vivenda en Vigo. 

Un 64% destas partidas irán parar ás expropiacións e obras da urbanización de San Paio de Navia, así como á ampliación do polígono desta zona da urbe viguesa. A previsión do departamento autonómico é iniciar a comercialización das primeiras parcelas para que empresas e cooperativas se fagan coa titularidade duns terreros nos que se prevé contruir 1.600 vivendas.

Por outra banda, Vázquez tamén presentou outras liñas de actuación para a cidade olívica recollidas nas contas da súa carteira para o ano 2021. Así, destacou as achegas ao Consorcio do Casco Vello de Vigo, que “duplica” investimento respecto de 2020 con 3,2 millóns de orzamento para continuar coa rehabilitación de vivendas na zona histórica da cidade.

Así mesmo, Medio Ambiente, Territorio e Vivenda tamén reserva 1,34 millóns para finalizar as obras de 62 vivendas de promoción pública, a maior parte delas nas rúas Canicouva e Ignacio Crobas. En materia de conservación, o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) xestionará 5,5 millóns de euros para axudas á mellora da eficiencia enerxética en edificios.

Por último, a conselleira tamén anunciou que as contas do seu departamento reservan 7 millóns de euros para “dar un novo impulso” ao Instituto de Feiras e Exposición de Vigo (IFEVI), pendente do último paso da tramitación urbanística para a súa ampliación.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...