InicioPolíticaFeijóo non pon data ao fin do peche da hostalaría e insta...

Feijóo non pon data ao fin do peche da hostalaría e insta a agardar para ver a evolución

Recalca que o "obxectivo" é "diminuír a presión" en plantas e UCI para "ter máis dispoñibilidade en decembro".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, emprazou a principios do mes de decembro para tomar decisións sobre o peche da hostalaría nas grandes cidades e outros municipios, e matizou que non hai “ningunha data” sobre o fin desa medida, á vez que advertiu de que “non se pode garantir máis nada que seguir traballando” para mellorar a evolución da pandemia.

Así respondeu o titular do Executivo galego, durante unha visita ao barrio vigués de Navia, e a preguntas dos medios sobre o posible levantamento do peche da hostalaría a partir do 4 de decembro.

Respecto diso, Feijóo sinalou que a Xunta “non concretou ningunha data de termo para o peche da hostalaría” (aínda que a orde publicada no DOG o 4 de novembro si establece esa data como prazo de vixencia das medidas, suxeito a revisión), e que, cando se estableceu o peche de locais do sector, fíxose “convencidos” de que “se non se lles pedía ese esforzo en novembro, non se podería garantir ese sector no mes de decembro”.

“Se deixaramos que a curva de novos contaxios proseguise coa mesma intensidade da segunda quincena de outubro, suporía unha tensión enorme en plantas de hospitalización e en UCI. O que tentamos é aplanar a curva e diminuíla se é posible; se é así, faremos que decembro sexa mellor que novembro“, sinalou Feijóo.

No entanto, puntualizou que “salvar o Nadal desde o punto de vista da hostalaría ou de ter os comercios abertos”, é algo que “se verá a principios de decembro”.

OBXECTIVO: REDUCIR A PRESIÓN HOSPITALARIA

Segundo reiterou, “o obxectivo” das medidas é “diminuír a presión hospitalaria en novembro para ter máis dispoñibilidade en decembro, e non ao contrario”. “Neste momento, non podo confirmar máis que o obxectivo se mantén, pero non podemos garantir máis nada que seguir traballando”, sentenciou.

Por outra banda, cuestionado acerca da reunión do comité clínico e de posibles cambios nas restricións, Núñez Feijóo lembrou que, nos últimos días, Galicia conseguiu reducir a porcentaxe de positivos nas probas PCR realizadas, pasando de máis dun 8 por cento ao 6 ou 6,5 por cento actual. “É un avance importante”, sinalou.

No entanto, puntualizou que, cando se cumpren 10 días da implementación das restricións (peches perimetrales das cidades, peche da hostalaría nesas zonas, reunións só de conviventes, etc.), “aínda é pronto para ver a evolución completa”. “Esperaremos ao fin de semana ou principios da semana que vén”, engadiu.

O presidente do goberno galego sinalou que, aínda que se reduciu a positividad das PCR e “xa hai días” que o número de altas supera ao de novos contaxios, “hai que tratar as cousas con moita prudencia”. “A semana que vén será moi importante para ver a evolución. Imos seguir traballando con rigor e esperanza, pero con realismo“, incidiu.

Núñez Feijóo lembrou que “as alarmas saltaron” na segunda quincena de outubro cando, en só dúas semanas, Galicia dobrou o número de casos activos de COVID, aínda que sinalou que “os datos de hoxe son mellores que os de hai 10 días”. “Hai algúns que xa sinalan que, nalgunhas zonas de España, podemos estar na terceira onda. Imos ver como finalizamos a segunda en Galicia antes de aventurar que pode ocorrer nas próximas semanas”, resolveu.

ÚLTIMAS

Cinco feridos nun accidente en Mos

Cinco persoas resultaron feridas na mañá deste sábado ao chocar frontalmente dous vehículos no...

Vigo rexeita o recurso de Ryanair e mantén a sanción por reducir voos

O Concello de Vigo confirmou o rexeitamento do recurso de reposición presentado pola aeroliña Ryanair contra a sanción imposta pola...

Caballero impulsa accións legais pola exclusión de Vigo como sede do Mundial 2030

O Concello de Vigo iniciou os trámites para estudar unha posible reclamación xurídica fronte...

195 millóns: o custe do novo contrato entre SERGAS e Povisa

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e o Hospital Ribera Povisa de Vigo finalmente...