InicioVigo e contornaVigoUltimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

"Están a desexar ter unha foto co alcalde de Vigo, e eu déixolles que se fagan unha foto comigo, pero as firmas son dixitais", insistiu o alcalde de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de Pontevedra, para a firma dixital do convenio da piscina de Teis (polo que a institución provincial achegará 5 millóns de euros para a reforma), e insistiu en que o acordo debe contar con firma electrónica, non meramente manual.

En declaracións remitidas aos medios, o rexedor sinalou que “parece que ao presidente da Deputación e o seu equipo o único que lles preocupa é unha foto co alcalde de Vigo”. “Están a desexar ter unha foto co alcalde de Vigo, e eu déixolles que se fagan unha foto comigo, pero as firmas son dixitais”, insistiu.

Abel Caballero repetiu que, para que o convenio sexa válido e legal, debe estar asinado electronicamente, e trasladou a súa “sospeita” de que, en realidade, a Deputación (que pediu ao alcalde un acto público de firma) “non quere pagar a parte que lle corresponde da piscina de Teis”.

Para o alcalde, é necesario realizar primeiro a firma, porque o que propón a institución provincial “é un paripé” e “case ilegal”. “Eu xa non fago firmas de paripé, non as fago, (…) e doulles uns días. Si nuns días a Deputación non firma o acordo, retiro a proposta e a piscina de Teis pagámola nós en exclusiva”, advertiu. Abel Caballero remarcou que o Concello está disposta a financiar por si só a reforma da piscina e garantiu que non se atrasará a obra. “Eles verán si queren cooperar ou non”, apuntou.

RESPOSTA DE LUISA SÁNCHEZ
En resposta ás manifestacións do alcalde, a vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez, constatou que Cabaleiro “se malacostumbró durante moitos anos a facer o que lle viña en gana na Deputación de Pontevedra”. “E, pasados dous anos e medio, aínda non dixeriu o cambio de goberno”, engadiu.

“Xa vai sendo hora de que asuma que é o actual goberno da Deputación o que decide manter os protocolos establecidos nos anteriores mandatos para sacar adiante os convenios cos concellos. Protocolos que seguen todos os concellos da provincia e que o Concello de Vigo seguiu até agora”, explicou.

Sánchez volveu a preguntar por que agora o alcalde non acepta a firma de convenios en acto, cualificándoos de “paripés”, cando antes “puña alfombra vermella” e tachábaos de “colaboración institucional”. Iso cambiou fai un par de meses, afirmou a vicepresidenta provincial.

En todo caso, advertiu ao rexedor de que o goberno da Deputación “non acepta ameazas” nin “ultimátums”, e que o horizonte para asinar o convenio é o do 31 de decembro deste ano. Por iso, volveu a propor unha firma inmediata, de forma presencial, “mañá mesmo”.

“E que non se lle esqueza ao señor Cabaleiro que esta Deputación se dirixiu ao Concello de Vigo, tanto de forma pública como de forma interna, en multitude de ocasións nos últimos meses para desatascar este asunto. Propuxemos reunións, propuxemos datas. As últimas veces xa nin nos responderon. É evidente quen non quere sacar adiante este convenio”, resolveu Luisa Sánchez.

 

 

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...