InicioVigo e contornaVigoBrotes de Covid-19 no Hospital Álvaro Cunqueiro e no Meixoeiro provocan o...

Brotes de Covid-19 no Hospital Álvaro Cunqueiro e no Meixoeiro provocan o adiamento de intervencións cirúrxicas

As intervencións cirúrxicas aprazadas corresponden a patoloxías que non revisten gravidade

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un brote de COVID-19 detectado no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo causou o adiamento de intervencións cirúrxicas programadas correspondentes a patoloxías que non revisten gravidade, tal e como afirman fontes do Sergas.

O foco de contaxio, que se rexistrou en quirófano de Urxencias, afectou a persoal desta área, en concreto, a dúas enfermeiras que deron resultados positivos en coronavirus, mentres que outros catro sanitarios permanecen en corentena.

Ante a falta de enfermeiros dispoñibles nas listas de contratación do Sergas para cubrir estas ausencias e debido á especialización que require esta área, optouse por aprazar intervencións cirúrxicas “demorables” e que “non supoñen un compromiso vital”, para dispór do persoal suficiente para garantir a actividade do quirófano de Urxencias.

Por outra banda, detectouse outro brote de COVID-19 no Hospital Meixoeiro de Vigo que, segundo as mesmas fontes, atópase “controlado”. Este foco foi rexistrado na área de Endocrinoloxía e sumou os casos positivos de dúas enfermeiras e dous facultativos. Por iso, sometéronse a probas PCR os compañeiros de traballo, que arroxaron resultados negativos.

ÚLTIMAS

O Porriño fai pleno no Sorteo de ‘El Niño’: vendeu o primeiro e o segundo premio

O número 45875 foi o agraciado co segundo premio, dotado con 750.000 euros por...

Un home deixa á súa parella na UCI tras apuñalala no Porriño e entra en prisión

Axentes da Garda Civil detiveron a un veciño do Porriño, de 50 anos de...

O BNG vigués alerta sobre o empobrecemento na cidade e denuncia a retirada de axudas sociais do Concello

O grupo municipal do BNG en Vigo censurou este luns o recorte nas axudas...

Protesta masiva en Vigo contra a ofensiva de EE.UU. en Venezuela

Centos de persoas manifestáronse este sábado ante o Consulado de Venezuela en Vigo para...