InicioSociedadeA "sobrecarga" dos sanitarios do POVISA chegará ó Parlamento da man do...

A “sobrecarga” dos sanitarios do POVISA chegará ó Parlamento da man do BNG

Advirte de que a Xunta non pode "despreocuparse" dos pacientes e os traballadores do centro concertado

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG presentará no Parlamento galego unha batería de iniciativas sobre a situación do hospital vigués Povisa, para demandar máis medios humanos e de protección para o persoal, tras as denuncias de varios sindicatos sobre a “sobrecarga” de traballo e os elevados cocientes de enfermos de COVID por cada profesional.

Así o trasladou a deputada nacionalista Montse Prado, que este mércores mantivo un encontro con representantes da CIG e da CXT-SGPS, no que tamén participaron os parlamentarios Pablo Ríos e Alexandra Fernández, e o concelleiro do BNG no Concello de Vigo, Xabier Pérez Igrexas.

Prado lembrou que Povisa “non é un hospital privado ao uso” e que, en virtude dun concerto co Sergas, recibe cada ano máis de 80 millóns de euros públicos (para atender unha poboación de 140.000 persoas de Vigo e a súa área). Por iso, todo o que ocorre nese centro sanitario “ten que ser motivo de preocupación e de ocupación” por parte da Xunta , que “non pode botarse ao carón e despreocuparse”.

A ese respecto, a deputada do BNG insistiu en que tanto o goberno galego como a Inspección de Traballo “teñen que actuar” ante as denuncias do comité de persoal, e advertiu de que os déficits dos que falan eses sindicatos supoñen “un problema para os profesionais e para a calidade asistencial”.

Ademais, mostrou a súa “sorpresa” polo feito de que, mentres a actividade asistencial parouse ou retardado na rede do Sergas, o traballo aumentou en Povisa. “Isto pon en evidencia a folla de ruta do Sergas, como facilitador do negocio privado”, denunciou.

A deputada confirmou que o BNG reclamará na Cámara autonómica “cribados masivos e continuos” ao persoal de Povisa, incremento de persoal e que se constitúa un comité de seguimento do concerto co hospital, porque é “imprescindible” que se saiba como se está facendo efectivo ese concerto para salvagardar a calidade asistencial e os dereitos dos traballadores.

DENUNCIAS DO COMITÉ

Pola súa banda, a portavoz da CIG no comité, Chus Neira, volveu a criticar a falta de persoal en Povisa, despois de que non se renovaron os contratos que finalizaron no verán, e advertiu de que cada auxiliar e enfermeira están a atender a máis dunha decena de pacientes con COVID. Así mesmo, denunciou que ese persoal é trasladado a outras áreas de Povisa cando xa non fai falta na zona de coronavirus e “non se pode estar a percorrer o hospital cando se estivo nesa zona”.

Na mesma liña, a portavoz da CXT-SGPS, Ruth Vallejo, alertou de que os traballadores de Povisa “non poden máis” e aínda non se recuperaron das secuelas físicas e emocionais “da primeira onda” da pandemia. “Esta segunda onda está a ser peor, estamos a niveis de finais de marzo e non hai persoal nin medios suficientes”, subliñou, á vez que pediu á Xunta que interveña porque “os pacientes de Povisa teñen os mesmos dereitos que os do Álvaro Cunqueiro”.

Pola súa banda, a dirección do hospital volveu a defender que o persoal dispón de equipos de protección “desde o inicio da pandemia”, e que se proporcionan ás traballadores máscaras e medios adecuados, de acordo cos protocolos das autoridades sanitarias.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...