InicioMedio Ambiente e PatrimonioA Xunta mobiliza buques, drones e empresas de limpeza tras unha gran...

A Xunta mobiliza buques, drones e empresas de limpeza tras unha gran mancha de graxa de palma no Porto de Vigo

Houbo dosu traballadores feridos durante o incidente.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia activou á primeira hora da tarde o Plan Territorial de Continxencias por Contaminación Mariña Accidental de Galicia (Plan Camgal) no seu nivel de emerxencia 1 pola rotura dun depósito de aceite de palma en Guixar, no Porto de Vigo.

No lugar continúan traballando os medios materiais e humanos despregados polo Servizo de Gardacostas de Galicia e da Autoridade Portuaria viguesa para recoller a vertedura derramada na auga. O dispositivo mobilizado polo Servizo dependente da Consellería do Mar é o seguinte: buques multipropósito Valentín Paz Andrade e Irmáns García Nodal, desprazados desde o porto de Vilagarcía, e a Ría de Vigo desde o peirao de Marín; unha embarcación auxiliar; e os efectivos con base operativa en Vigo, ademais dos servizos centrais de Gardacostas.

Pola súa banda, a Autoridade Portuaria de Vigo mobilizou a efectivos de Seguridade e Sustentabilidade, que despregaron barreiras que están a conter o verquido desde un primeiro momento, ademais da Policía Portuaria. En canto aos medios marítimos, despregouse a embarcación Pelícano, de limpeza da lámina de auga, e a de Segem, de loita contra a contaminación.

Ao mesmo tempo, tanto Sasemar como a empresa de mergulladores Northcomdiving tamén desprazaron os seus medios marítimos e humanos. O 112 tamén mobilizou a súa unidade de drones e pon a disposición dos equipos de intervención un dron e a Plataforma Nuuk, que recolle imaxes sobre emerxencia e facilita a toma de decisións.

Remarcan que a vertedura non é tóxico para a poboación nin para o medio mariño, xa que se trata dunha mancha sólida provocada por un produto empregado para a alimentación de gando e aves e, por tanto, non é contaminante. Avanzan ademais que os medios técnicos e humanos seguirán desenvolvendo o seu traballo ao longo das próximas horas co fin de recoller a fuga, motivada pola implosión dun silo durante os traballos de descarga, que xa deixou de verter.

DOUS TRABALLADORES FERIDOS

Como resultado do ocorrido, dous traballadores resultaron feridos. Foi un deles o que alertou ao 112. Pasadas as 15.00 horas, comunicouse co servizo de emerxencias para informar do que ocorrera e solicitar asistencia médica porque estaba ferido. Con esta información, o persoal do 112 activou os protocolos correspondentes para facer fronte á situación, dando aviso ao 061, a Salvamento Marítimo, Servizo de Gardacostas de Galicia, Autoridade Portuaria e axentes da Policía Local e Nacional. Dos dous feridos, un deles foi atendido no lugar dos feitos e o outro tivo que ser trasladado ao Hospital de Povisa.

ÚLTIMAS

Cazan ‘in fraganti’ tres ladróns cando tentaban asaltar unha vivenda no barrio vigués de Balaídos

A rápida intervención policial e a colaboración cidadá evitaron que se consumase un novo...

Unha conferencia revela como a arte do século XIX construíu a imaxe histórica de Vigo

O historiador da arte e membro do Instituto de Estudos Vigueses, José Luis Mateo,...

O Celta recibe o selo nacional de transparencia e divulgación non financeira de mans do Consello Xeral de Economistas e LaLiga

O Consello Xeral de Economistas de España (CGEE) e LaLiga distinguirán o vindeiro luns,...

Abel Caballero convoca o pleno extraordinario do caso Saltamontes o 19 de xuño pero elude a súa comparecencia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, convocou para o próximo 19 de xuño o...