InicioSociedadeA CNMC cre que a concesión dunha axuda á organización do Terraceo...

A CNMC cre que a concesión dunha axuda á organización do Terraceo de Vigo vulnerou a libre concorrencia

A axuda tiña un monto de 430.000 euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) emitiu un informe no que determina que a concesión dunha subvención de case 430.000 euros á empresa que explota o Auditorio Mar de Vigo e que organizou o festival Terraceo non respectou os principios de libre concorrencia e non discriminación.

O informe, con data 28 de outubro de 2020, ditouse tras unha reclamación presentada pola Asociación de Produtores Técnicos de Espectáculos de Galicia (APTEGA), en relación á resolución dunha convocatoria de axudas públicas para a realización de actividades socioculturais no Auditorio Mar de Vigo da cidade olívica.

Dita Asociación pedía que se investigase a concesión das axudas de forma exclusiva á empresa Organización de Ideas de Éxito, que xestiona e explota o Auditorio en virtude dun contrato privado co Concello.

Segundo a resolución da CNMC, a pesar de que a convocatoria de subvencións debe observar os principios de concorrencia competitividade, publicidade, transparencia, obxectividade, igualdade e non discriminación, o Concello olívico outorgou o importe íntegro das subvencións a un só solicitante, “sen ofrecer unha xustificación obxectiva e razoable”.

Por outra banda, a Comisión tamén incide en que as bases da convocatoria van contra a normativa por, en concreto, contemplar a esixencia aos solicitantes de ter sede en Vigo. A ese respecto, lembrou que é numerosa a xurisprudencia que establece que esa esixencia pode ser discriminatoria con respecto a empresas que teñan sede noutros territorios e que queiran concorrer no proceso.

Ademais, a CNMC sinala que o Concello tamén pide que as empresas solicitantes dispoñan de persoal de organización e un local fixo onde desenvolvan as súas actividades, así como acreditación de experiencia. Estas condicións, xunto co requisito de ter sede en Vigo e o feito de que Organización de Ideas de Éxito xa explote o Auditorio, sitúana nunha “posición moi vantaxosa” con respecto a posibles competidores nese concurso, segundo a Comisión.

ÚLTIMAS

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...

Detidas tres mulleres dunha mesma familia en Vigo por explotar sexualmente a mulleres estranxeiras

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a tres mulleres da mesma familia como...