InicioSociedadeA Valedora do Pobo defende que a recollida de roupa sucia é...

A Valedora do Pobo defende que a recollida de roupa sucia é tarefa das auxiliares de enfermaría

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Valedora do Pobo, Milagros María Otero, considerou “lexítima” a decisión da Consellería de Sanidade de atribuír aos auxiliares de enfermaría o traslado das bolsas de roupa sucia, como fixo no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, e sostén que non aprecia niso “actuación irregular da administración”.

No seu escrito, a Valedora recalca que as tarefas de recollida da roupa sucia “poden ser legalmente desenvolvidas” polos técnicos en coidados de enfermaría (TCAE) e, de feito, engade que “se entenden como complementarias das súas funcións”.

Ademais, incide en que Sanidade “goza de capacidade de xestión e autoorganización en virtude do cal pode estruturar os seus servizos da forma que considere máis axeitada para unha maior eficacia“, e, neste caso, ve que “as xustificacións sinaladas pola administración para organizar os seus servizos, a través de empresas concesionarias ou co seu propio persoal, resultan suficientes”.

Auxiliares de enfermaría do Álvaro Cunqueiro (HAC) protestan nas portas de entrada do hospital / CIG

O Sergas destacou que, con iso, a Valedora do Pobo “dá a razón á EOXI de Vigo en relación ao conflito” cos TCAE. Así o fixo saber este xoves, coincidindo coa segunda xornada de folga convocada por este colectivo, a cal, lamentou, “volveu a ter un gran impacto na atención sanitaria aos pacientes”.

Tal e como informou o Sergas, este xoves suspendéronse un total de 14 intervencións cirúrxicas e 16 probas diagnósticas (11 endoscopias dixestivas e cinco de neurofisiología), e os pacientes afectados serán reprogramados “de forma inmediata”.

ÚLTIMAS

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

Denunciado un bazar do Porriño por vender pirotecnia sen permiso e sen medidas de seguridade

O Equipo de Inspección da Intervención de Armas e Explosivos da Comandancia da Garda...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...