InicioEconomíaVigo é dos concellos que antes pagan a provedores

Vigo é dos concellos que antes pagan a provedores

Os concellos triplican de media o período legal de pago.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Vigo figura entre os concellos de España que antes pagan a provedores mentres que Ourense está no lado oposto, entre os que máis se demoran en abonar as súas facturas, segundo as cifras ofrecidas pola Federación nacional de Asociacións de Traballadores Autónomos ATA.

ATA denunciou que os concellos triplican de media o período legal de pago a provedores, que está establecido en 30 días, de acordo cun novo informe sobre os períodos medios de pago nas administracións.

En concreto, a Administración Central cumpre os prazos, a autonómica non os cumpre pero excédese en só tres días e son os concellos, de media, os que máis tarde pagan aos seus provedores, triplicando o período legal de pago, que se establece en 30 días.

Así, a media dos períodos de pago da Administración Central é de 29 días e reduciuse nun día desde xuño de 2019 a xuño de 2020; as administracións autonómicas pagaban en xuño de 2020 de media en 33 días, 3 días antes que en xuño de 2019 e son as locais as que pasaron de pagar en xuño de 2019 en algo máis de dous meses (66 días) a facelo en tres meses e unha semana (99 días).

“É terrible que nestes momentos e cos anos que levamos reclamando tolerancia cero coa morosidade, que aínda de media a administración autonómica e a local incumpran os períodos medios de pago a provedores legais”, denuncia o presidente de ATA, Lorenzo Amor.

Para ATA, os autónomos, que son os principais provedores da administración local, necesitan nestes momentos tan complicados liquidez, e con todo, moitos destes concellos “están a financiarse á conta dos seus autónomos”.

Por iso, Amor reclamou unha vez máis un réxime sancionador para toda aquela administración que incumpra a lei, do mesmo xeito que se sanciona a calquera cidadán cando incumpre o período de pago que establece a Administración.

ÚLTIMAS

Petición de cárcere para os autores dun atraco armado a unha sucursal de Abanca

A Fiscalía pide penas de 5 anos e 4 anos e 8 meses de...

Rescatan a unha moza atrapada nunha discoteca de Vigo tras pechar o local

Unha moza quedou atrapada nunha discoteca de Vigo na madrugada do venres ao sábado...

Vigo reforza a súa política de aluguer con compra pública e un millón para o programa Vigo Aluga

O Concello de Vigo comprará vivendas baleiras no mercado para incorporalas ao parque público...

Incidente cun coitelo leva a un home ante a xustiza por ameazas graves a un policía

Un veciño de Vigo enfróntase a un ano e medio de prisión como presunto...