InicioSociedadeUn xulgado vigués recoñece a un home o dereito a cobrar o...

Un xulgado vigués recoñece a un home o dereito a cobrar o complemento de maternidade na súa pensión de xubilación

Tal e como xa estableceu o Tribunal de Xustiza da UE, non está xustificado que ese complemento sexa exclusivo para as mulleres.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado do Social número 2 de Vigo recoñeceu nunha sentenza o dereito dun pai a cobrar, na súa pensión de xubilación, o complemento por maternidade que se establece na Lei Xeral da Seguridade Social, ao entender que, tal e como xa estableceu o Tribunal de Xustiza da UE, non está xustificado que ese complemento sexa exclusivo para as mulleres.

O demandante, pai de dous fillos, solicitou, en cumprimento do Real Decreto Lexislativo 8/2015 (polo que se aprobou o texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social), que se lle aplicase o complemento do 5 por cento na súa pensión de xubilación, e que se tivese en conta a sentenza europea (ditada a raíz do caso dun pai xubilado de Xirona) que determinaba que cinguir ese complemento ás mulleres era contrario á normativa comunitaria.

Así, o Tribunal de Xustiza da UE lembrou que o complemento se limita a concederlles un ‘plus’ ás mulleres no momento en que se recoñece o dereito a unha pensión, pero non supón achegar remedio algún ás dificultades que poidan atoparse ao longo da súa carreira profesional nin compensa “as desvantaxes ás que están expostas as mulleres” ao longo da súa traxectoria.

No Real Decreto Lexislativo establécese que as mulleres terá recoñecido un complemento na súa pensión (de entre o 5 e o 15 %, dependendo do número de fillos) pola súa “achega demográfica á Seguridade Social”, pero o xulgado do Social de Vigo apuntou que este precepto “non contén unha xustificación obxectiva e razoable que fundamente unha discriminación positiva a favor das mulleres polas dificultades que habitualmente teñen na súa carreira de seguro da Seguridade Social en relación cos homes”.

Por todo iso, a sala viguesa estimou a demanda e declarou o dereito deste xubilado a percibir un complemento do 5 % na súa pensión.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...