InicioSociedadeAudio: alertan da presenza dun grupo de orcas nas inmediacións das Rías...

Audio: alertan da presenza dun grupo de orcas nas inmediacións das Rías Baixas

Fontes do sector dan crédito ao anuncio e indican que non é novidade: "en Carnota xa as temos visto varias veces"

PUBLICADO O

- Advertisement -

Salvamento Marítimo vén de lanzar un aviso de radio da presenza de orcas nas inmediacións das Rías Baixas baixo a premisa de que as embarcacións situadas na zona non se aproximen a elas. O anuncio, emitida nas últimas horas da xornada do domingo, dá conta da presenza dun grupo de cetáceos para a continuación solicitar a “todas as embarcacións” que, en caso de avistamento, “non tenten aproximarse” ás mesmas para evitar perigos.

O animal, que pode chegar a dez metros de lonxitude, é considerada unha especie perigosa; de aí a petición de Salvamento ós buques de que dean conta da presenza destas se volven a ser avistadas. Xornal de Vigo puido acceder ás declaracións dun radio operador que deu conta da validez do anuncio no que se comunicou a presenza dos cetáceos. A mesma fonte indica que o paso dos animais por esta zona non é novidade: “por Carnota xa as temos visto varias veces”, destaca.

ÚLTIMAS

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...