InicioSucesosAchadas tres plantacións de marihuana en Arbo

Achadas tres plantacións de marihuana en Arbo

As dilixencias instruídas, os efectos intervidos e as plantas incautadas foron postas a disposición do Xulgado de Instrución de garda de Ponteareas, no que deberán comparecer os investigados cando sexan chamados.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil descubriu tres plantacións ilegais de marihuana en Arbo polas que investigou penalmente a catro veciños do municipio como presuntos autores dun delito contra a saúde pública por tráfico de drogas.

As investigacións levaron a que os axentes se incautasen de algo máis de medio centenar de plantas. En concreto, localizaron unha plantación nun terreo contiguo a unha vivenda da parroquia de Cequeliños e, ao inspeccionar a leira, acharon 44 plantas de gran tamaño nunha zona preparada para o seu cultivo e tapadas con teas de ocultación.

Nese mesmo terreo os axentes atoparon a infraestrutura dunha plantación en interior nun galpón próximo tamén á vivenda. Aos dous responsables da plantación notificóuselles que se lles considera os presuntos autores dun delito contra a saúde pública por tráfico de drogas.

Ademais, a Garda Civil localizou outras dúas plantacións de menor entidade na mesma parroquia, nunha das cales había 16 plantas e na outra, seis. Notificouse ás dúas persoas responsables a súa condición de investigadas por senllos delitos de tráfico de drogas.

As dilixencias instruídas, os efectos intervidos e as plantas incautadas foron postas a disposición do Xulgado de Instrución de garda de Ponteareas, no que deberán comparecer os investigados cando sexan chamados.

ÚLTIMAS

Vigo e o turismo invisible

​Sempre que se analiza o éxito turístico de Vigo, os titulares repiten os mesmos...

O TSXG confirma catro anos de cárcere para un home por agredir sexualmente á neta da súa parella

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a pena de catro anos...

Abel Caballero pide ao Ministerio que Vigo sexa sede do Mundial 2030 tras a saída de Málaga

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reuniuse este luns coa ministra de Educación, Formación...

Abel Caballero destaca o “moi bo comportamento” do turismo en Vigo durante febreiro

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reivindicou a "moi boa ocupación hoteleira" da cidade...