InicioSociedadeDetido en Vigo tras negarse a poñerse a máscara e agredir a...

Detido en Vigo tras negarse a poñerse a máscara e agredir a un axente

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 49 anos de idade, R.A.A.E., tras negarse a poñerse a máscara, causar desfeitas nun bar e agredir a un dos axentes que interveu na súa identificación.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na noite do pasado mércores, cando este home entrou nunha cafetaría da rúa Urzáiz. Alí, mentres esperaba a ser servido, quitou a máscara e comezou a molestar a outros clientes do establecemento.

O persoal pediulle que se puxese a máscara e que abandonase o local, pero o home dirixiuse ao baño, comezou a esnaquizar as tapas dos inodoros e, cunha delas na man, saíu de novo ao local. O home foi expulsado do bar pero quedou na porta, ameazando a traballadores e clientes, e sen levar posta a máscara.

Cando os axentes de Policía chegaron, identificárono e informáronlle de que sería proposto para sanción por non levar a máscara e por non respectar a distancia de seguridade. Nese momento, empuxou violentamente a un dos funcionarios e tratou de golpealo, polo que foi reducido e detido por un suposto delito de atentado contra axente da autoridade.

ÚLTIMAS

Citroën resucita o lendario 2 CV nunha versión eléctrica: así será o regreso do primeiro coche fabricado en Vigo

Un dos grandes mitos da automoción prepárase para volver ás estradas cun formato totalmente...

Ofensiva contra o ‘menudeo’ en Vigo: catro detidos con cocaína, ‘tusi’ e haxix oculto na roupa interior

Nova fronte policial contra o tráfico de drogas a pequena escala nas rúas de...

Detido un veciño de Oia por estafar 5 persoas alugando unha falsa vivenda en Baiona

Un veciño de Oia foi detido acusado de estafar a cinco persoas co falso...

Stellantis lanza o maior plan estratéxico da súa historia tras investir 60.000 millóns ata 2030

O grupo de orixe franco-italiano Stellantis presentou este xoves en Auburn Hills, en Michigan...