InicioSociedadeDetectan un novo brote en tres membros dunha mesma familia

Detectan un novo brote en tres membros dunha mesma familia

Estes novos casos súmanse a outra decena de brotes dos que informou Sanidade nas últimas semanas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Sanidade confirmou a detección dun novo brote de coronavirus na área de Vigo, que afecta a 3 persoas da mesma familia, co que os casos activos nesta área sanitaria ascenden a 139 este luns.

Así, fontes do Sergas informaron de que, entre os novos pacientes con COVID-19 na área viguesa, están ese tres persoas, dunha mesma familia, aínda que non detallaron cal sería a orixe do contaxio ou se se trata de persoas residentes en Galicia (ou turistas).

Estes novos casos súmanse a outra decena de brotes dos que informou Sanidade nas últimas semanas. Os últimos foron notificados o pasado 10 de agosto, e afectaban a 14 persoas (7 na zona de Val Miñor, 3 en Salvaterra de Miño e outras 4 persoas en Vigo).

Segundo os datos notificados este luns, na área de Vigo hai 139 casos activos de COVID-19, dos que dous son pacientes hospitalizados no Álvaro Cunqueiro, ningún na UCI. Así mesmo, outras 137 persoas recupéranse nos seus domicilios.

ÚLTIMAS

O Porriño fai pleno no Sorteo de ‘El Niño’: vendeu o primeiro e o segundo premio

O número 45875 foi o agraciado co segundo premio, dotado con 750.000 euros por...

Un home deixa á súa parella na UCI tras apuñalala no Porriño e entra en prisión

Axentes da Garda Civil detiveron a un veciño do Porriño, de 50 anos de...

O BNG vigués alerta sobre o empobrecemento na cidade e denuncia a retirada de axudas sociais do Concello

O grupo municipal do BNG en Vigo censurou este luns o recorte nas axudas...

Protesta masiva en Vigo contra a ofensiva de EE.UU. en Venezuela

Centos de persoas manifestáronse este sábado ante o Consulado de Venezuela en Vigo para...