InicioVigo e contornaVigoO BNG vigués alerta sobre o empobrecemento na cidade e denuncia a...

O BNG vigués alerta sobre o empobrecemento na cidade e denuncia a retirada de axudas sociais do Concello

O portavoz do BNG, Pérez Igrexas, reclamou un cambio de modelo e a posta en marcha dunha "renda social municipal", que sexa compatible coa RISGA ou co Ingreso Mínimo Vital

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do BNG en Vigo censurou este luns o recorte nas axudas sociais do Concello, mentres o empobrecimiento “avanza” na cidade, e reclamou unha renda social municipal, fronte á “propaganda triunfalista” de Abel Caballero.

Nun comunicado, o grupo nacionalista advertiu de que os datos “desmontan” a mensaxe do alcalde, xa que o índice AROPE sitúa no limiar da pobreza a un de cada cinco vigueses. En Vigo, denunciou o BNG, hai 22.000 persoas con ingresos inferiores aos 625 euros.

Por iso, o portavoz municipal, Xabier Pérez Igrexas, tachou de “frivolidade inaceptable” que Abel Caballero presuma da política social do Concello, cando o importe medio das axudas que recibiron os vigueses o ano pasado foi de “33 céntimos ao día”. Para Pérez Igrexas, dedicar pouco máis dun millón de euros a axudas de emerxencia para case 9.000 persoas “é a proba dun modelo asistencialista cada vez máis escaso, limitado e insuficiente”.

Ademais, o portavoz do BNG lamentou que os orzamentos de 2026 recollen apenas 1,3 millóns de euros para axudas sociais. “O Concello da maior cidade de Galicia, nun claro contexto de emerxencia social, vai a dedidar a axudar ás persoas máis vulnerables só unha terceira parte do que prevé gastar en luces e adornos de Nadal”, lamentou.

Tras censurar o recorte nas axudas e a eliminación de iniciativas como o “cheque social”, Pérez Igrexas reclamou un cambio de modelo e a posta en marcha dunha “renda social municipal”, que sexa compatible coa RISGA ou co Ingreso Mínimo Vital. Deste xeito, pediu que se garanta que “ninguén quede atrás”, nunha cidade cuxo goberno “cada ano déixase 100 millóns de euros sen executar”.

ÚLTIMAS

O Reggaeton Beach Festival cancela todos os seus festivais, incluído o de Nigrán, por problemas económicos

O Reggaeton Beach Festival (RBF) comunicou este xoves a cancelación da totalidade da xira...

O exalcalde de Vigo, Carlos Príncipe, a quen Zapatero “botou” do PSdeG: “O que busca agora é salvar o seu cú”

O exalcalde socialista de Vigo, Carlos Príncipe, asegurou hoxe que ao expresidente do Goberno,...

O BNG de Vigo estalla contra Educación por instalar un ciclo de FP “nun galpón” do IES República Oriental do Uruguai

Nova fronte de conflito entre a oposición nacionalista e a Consellería de Educación polas...

PP de Vigo critica a Patricia Rodríguez por apuntar á Policía Local para exculparse e volve pedir o seu cesamento

O PP de Vigo censurou este xoves a "frialdade" da concelleira de Seguridade, Patricia...