InicioSucesosUn home deixa á súa parella na UCI tras apuñalala no Porriño...

Un home deixa á súa parella na UCI tras apuñalala no Porriño e entra en prisión

A Garda Civil detivo ao agresor, con antecedentes por feitos semellantes, e recuperou a arma branca empregada no ataque.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Garda Civil detiveron a un veciño do Porriño, de 50 anos de idade, como presunto autor dun delito de violencia de xénero, tras agredir supostamente á súa parella cunha arma branca e causarlle lesións graves, de maneira que a muller tivo que ser trasladada a un hospital, onde permanece na UCI.

Segundo informaron fontes da Comandancia de Pontevedra, os feitos ocorreron o pasado 31 de decembro, cando a propia vítima presentouse, gravemente ferida, en dependencias da Garda Civil. Desde alí foi trasladada urxentemente ao hospital. Os axentes activaron de inmediato un dispositivo de vixilancia e control sobre o domicilio do sospeitoso, no que ambos convivían e onde ocorreran os feitos e, tras obter unha autorización xudicial de entrada e rexistro, accederon á vivenda.

Durante a intervención, procederon á detención do sospeitoso e recuperaron o coitelo e outros obxectos que, presuntamente, o home empregara para agredir á súa parella. O detido, que conta con antecedentes policiais por feitos semellantes, foi posto a disposición do Tribunal de Instancia, praza 2, do Porriño, que decretou o seu ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza, como autor dun delito de lesións no ámbito da violencia sobre a muller.

ÚLTIMAS

“A ameaza de carencia de auga é moi severa”, alerta o alcalde de Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, exixiulle á Xunta que reduza "de forma inminente"...

Caballero carga contra os “ignorantes do PP” que non ven que o AVE por Cerdedo avanza “máis rápido que nunca”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, saíu ao paso das críticas do PP da...

PP denuncia que o goberno de Vigo non pediu a axuda estatal de 3,5 millóns para bonificar o billete do bus urbano

O PP de Vigo denunciou este mércores que o goberno local non solicitou a...

Do voto dos emigrantes ao voto da diáspora: como mudou o sufraxio exterior en Galicia

Durante décadas, o voto exterior galego funcionou cun sistema no que a Administración enviaba...