InicioPolíticaEU súmase á petición de reabrir a causa contra Juan Carlos I:...

EU súmase á petición de reabrir a causa contra Juan Carlos I: “Xa é hora de que pague polas súas falcatruadas”

Esquerda Unida e o Partido Comunista de Galicia escenificaron este mércores o seu apoio á reapertura da causa contra Juan Carlos I e outro sete persoas por supostos delitos de corrupción.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A coordinadora de EU e secretaria do PCG, Eva Solla, xunto con Rubén Pérez, secretario de organización de EU, e René Gamborino, secretario de organización do PCG en representación de Esquerda Unida e o Partido Comunista de Galicia, presentaron este 12 de agosto un escrito nos Xulgados de Vigo onde reclaman a reapertura da querella criminal presentada no 2018 por Izquierda Unida, o Partido Comunista de España e o Foro de Abogadas e Abogados de IU contra o rei emérito xunto con outras sete persoas.

“A inviolabilidade da que dispón o rei emérito non pode significar que ante delitos de enriquecemento que poden operar contra a facenda pública, esta persoa ten que ser xulgada igual que calquera outro cidadán”, di Eva Solla.

“O que estamos a solicitar é cuestión de democracia e de xustiza, que quen foi xefe do estado poida ser xulgado neste país e responda polos seus actos”, conclúe a coordinadora de EU.

A querela criminal presentada ante o Tribunal Supremo contra o rei emérito xunto con outras sete persoas que se reparten a imputación de 13 supostos delitos, entre eles están os de suborno contra a Facenda Pública, administración desleal, fraude e exaccións ilegais, tráfico de influencias, constitución de grupo criminal, blanqueo de capitais, encubrimento, ameazas de morte condicionais, descubrimento e revelación de segredos, omisión do deber de perseguir delitos ou corrupción entre particulares.

Dende EU e o Partido Comunista de Galicia solicitan a reapertura da investigación “dos fondos irregulares” que Juan Carlos de Borbón “tería depositados en Suíza e relacionados cos pagos realizados por Arabia Saudí“.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...