InicioPolíticaCaballero acusa ao PP de iniciar unha "operación política" contra el como...

Caballero acusa ao PP de iniciar unha “operación política” contra el como líder da FEMP

Estima que a devolución ás entidades locais pode superar o 150 por cento.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, insistiu este martes en defender o acordo alcanzado entre o órgano municipalista e o Goberno de España para a entrega de remanentes das entidades locais, que serán devoltos en forma de transferencias nos próximos anos, e volveu a recalcar que a aplicación do acordo é “voluntaria” para os concellos, á vez que censurou as críticas de partidos como o PP, sen expor ningunha alternativa.

Nunha rolda de prensa celebrada no Concello olívico, Caballero reiterou que se trata dun “bo acordo” porque permitirá o uso deses remanentes, así como a percepción de 5.000 millóns procedentes do Goberno “a fondo perdido e sen devolución”, que poderán ser investidos polas entidades locais a partir de setembro, ademais doutras vantaxes.

A ese respecto, o presidente da FEMP precisou que non é o actual Goberno o que se incauta dos aforros municipais, senón que “a incautación era a do PP”, que coa súa lei orgánica de 2012 impide o uso deses remanentes.

Segundo sinalou, o acordo alcanzado entre a Federación e o Goberno non só contempla as propostas que o PP expuxo ante a Comisión da Reconstrución do Congreso, senón que “as multiplica” con beneficios adicionais, como a atención aos municipios en dificultades financeiras ou o fondo de transporte de ata 400 millóns de euros.

RESPOSTA Ás CRÍTICAS DO PP

Con respecto ás críticas do PP e, en concreto, á concentración de alcaldes e cargos do PP de Galicia (celebrada nas últimas horas ante o consistorio olívico), Caballero lamentou que os ‘populares’ estiveron en Vigo “para insultar ao seu alcalde”, pero “sen dar nin un só argumento nin unha soa razón”, e sen expor alternativas legais.

“Hai que preguntarlle ao PP por que non quere que os concellos que o desexamos poidamos gastar os nosos remanentes”, afirmou o alcalde de Vigo, que tamén cuestionou “por que se opoñen a un acordo que contempla o que eles pediron”. Segundo incidiu, “eles terán que explicar por que propoñen algo e, cando aparece un acordo que o contempla e multiplícao, con propostas optativas, din que non”.

Finalmente, o presidente da FEMP volveu ha recalcar o “vantaxoso” do pacto e, tras o anuncio de que o Executivo cubrirá os intereses se son negativos, estimou que a devolución aos concellos “vai superar o 150%”.

OPERACIÓN POLÍTICA DO PP

Por outra banda, e nunha entrevista á Cadea Ser recollida por Europa Press, o presidente da FEMP referiuse a a ofensiva do PP contra o acordo entre o Goberno e a agrupación municipalista, suxerindo que se trata dunha “operación política” por parte da formación que lidera Pablo Casado.

Así se pronunciou sobre as mobilizacións que está a preparar o PP en agosto e setembro contra o acordo. “Non haberá un pouco de operación política do PP nisto?”, preguntouse Abel Caballero.

ÚLTIMAS

Sumar Galicia impulsa unha proposta de coalición de esquerdas en Vigo de face ás próximas eleccións municipais

Movemento Sumar Galicia remitiu unha carta a Esquerda Unida, Verdes Equo, Anova e Podemos...

O aeroporto de Vigo opera con “normalidade” no cuarto día de folga dos controladores aéreos

Os aeroportos de Vigo e A Coruña funcionan "con normalidade" na xornada deste luns,...

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...