InicioPolíticaAsociacións veciñais de Vigo rexeitan que Caballero entregue o superávit do Concello...

Asociacións veciñais de Vigo rexeitan que Caballero entregue o superávit do Concello ó Goberno: “debería empregarse en axudas sociais”

A FAVEC ten previstas reunión con consistorios da área para expresar a súa negativa ó acordo acadado.

PUBLICADO O

O vicepresidente da Federación de Asociacións Veciñais Eduardo Chao (Favec) de Vigo, Óscar Álvarez, avanzou que esta entidade reunirase con alcaldes da área metropolitana e, mediante outras asociacións veciñais, con rexedores de toda a comunidade, para expresar o seu rexeitamento á aceptación da proposta do Ministerio de Facenda sobre os remanentes por parte da FEMP.

En concreto, este luns, a federación municipalista aceptou co único apoio do PSOE a proposta pola que os concellos poderán pór os seus remanentes a disposición do Executivo, que llos devolverá nun prazo de dez anos con intereses. O acordo, rubricado este martes, establece tamén a prórroga para 2020 da regra especial do destino do superávit de 2019, así como a do procedemento de execución de investimentos financieramente sustentables iniciadas en 2019 con cargo ao superávit de 2018.

O vicepresidente da Favec lamentou que o voto de calidade do presidente da FEMP e alcalde de Vigo, Abel Caballero, fose determinante para a aceptación desta proposta nun momento no que familias e comerciantes de cidade olívica atópanse nunha difícil situación económica.

Deste xeito, reprobou que o Goberno central vaia a recibir os “aforros” da urbe, que, ao seu xuízo, “deberían destinarse a axudas sociais” e a apoiar o comercio de proximidade. Así, Óscar Álvarez asegurou que entre 20 e 25 persoas contactan coa Favec cada semana para solicitar apoio para afrontar as súas necesidades económicas e recalcou que un gran número de establecementos da cidade afrontan perdas, polo que pecharán nos próximos meses.

Tamén afirmou que a ONG Provivienda, a través da que o Concello avala a persoas vulnerables para que poidan acceder ao aluguer dun inmoble, carece de recursos para apoiar a máis cidadáns.

REUNIÓNS CON ALCALDES

Por iso, o vicepresidente da Favec incidiu na necesidade de que o Concello olívico “quede co seu diñeiro” para investilo na cidade e avanzou que a entidade se reunirá con alcaldes galegos para expresar o seu rexeitamento á proposta aceptada pola FEMP.

Ademais, o portavoz da Asociación de Veciños de Coruxo, Adolfo Domínguez, asegurou que as arcas municipais dispoñen de ao redor de 90 millóns de euros aforrados, o que representa unha contía de 300 euros por persoa. No entanto, lamentou que non se acometeron melloras no saneamento, a limpeza e o acceso á auga potable na parroquia de Coruxo.

Pola súa banda, Abel Caballero defende que a proposta aceptada pola FEMP representa a única vía para habilitar o uso dos remanantes dos municipios sen que estes incorran en déficit debido á vixencia Lei de Estabilidade Orzamentaria e Sustentabilidade Financeira.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...