InicioVigo e contornaVigoUnha nova vida para a fábrica Alfageme?

Unha nova vida para a fábrica Alfageme?

Unha asociación cultural demanda ampliar a protección do inmoble para convertelo nun centro comunitario e administrativo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Protexer unha “xoia” do patrimonio industrial vigués para darlle un novo uso público. Ese é o obxectivo da carta remitida ó alcalde de Vigo por parte da Asociación Cultural Bouzas a respecto da fábrica Alfageme, que dende hai anos languidece na rúa Tomás Alonso logo da quebra da empresa centenaria.

A asociación, que esixe estender a protección recollida no PXOM para abranguer “integralmente” o complexo baixo a categoría de equipamento comunitario, enfoca a conservación do complexo de cara a darlle unha nova vida como centro da actividade pública. “Pedimos a súa conservación, reutilización e aproveitamento para usos públicos múltiples: culturais, educativos, deportivos, sociais, e representación administrativa”, apuntan na misiva.

Para a Asociación Cultural Bouzas, protexer a fábrica é un xeito de conservar, á súa vez, un anaco do pasado da cidade olívica. “A historia da Fábrica Alfageme non é só a historia dun edificio. É
tamén a historia da industria conserveira na nosa cidade
e o relato de centos de traballadores, de xeracións de familias que alí traballaron ao longo da súa historia”, sinalan.

Neste aspecto, consideran urxente ampliar os protocolos de conservación contemplados no Plan Xeral para garantir a pervivencia dun elemento arquitectónico definitorio do panorama Vigués. “O patrimonio característico de Vigo está vinculado ao mar e á industria. Se Santiago
pode presumir de patrimonio eclesiástico, Vigo pode presumir de patrimonio industrial
, e a fábrica de Alfagame é o seu maior referente”, defenden. “Correspóndenos a nós, veciños, veciñas, asociacións e autoridades, defender a conservación do noso patrimonio, e evitar que Alfageme se convirta noutro Vigo perdido, Vigo esquecido”, rematan.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...