InicioSucesosDetido por reter e prostituír varias mulleres estranxeiras nunha vivenda de Vigo

Detido por reter e prostituír varias mulleres estranxeiras nunha vivenda de Vigo

O propietario enganounas alugándolles dúas habitacións como residencia nun chalé que utilizaba como local de alterne. Ademais, o detido quedou coas pertenzas, o diñeiro e a documentación das mulleres.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home de 49 anos domiciliado en Vigo foi detido por, supostamente, reter a varias mulleres estranxeiras nunha vivenda da cidade olívica e obrigalas a exercer a prostitución.

Fontes policiais precisaron que a investigación se iniciou durante o confinamento decretado para previr a propagación da COVID-19. Así, tras ter coñecemento da posible utilización dunha vivenda da zona Valadares-Garrida como local de alterne, os axentes localizaron o inmoble.

Ante a posibilidade de que varias mulleres puidesen ser obrigadas a exercer a prostitución contra a súa vontade no domicilio, activáronse os protocolos correspondentes. Así, dúas das vítimas conseguiron abandonar a vivenda e foron auxiliadas pola Policía Nacional, que as converteu en testemuñas protexidas.

Estas mulleres explicaron que chegaran a España a principios de marzo e que decidiron instalarse en Vigo dada a súa proximidade a Portugal. Deste xeito, alugaron dúas habitacións nun chalé e, uns días despois, presentáronse na cidade olívica para instalarse nas mesmas.

Unha vez na vivenda, descubriron que esta se utilizaba como local de alterne. Ademais, o propietario quedou as súas pertenzas, o seu diñeiro e a súa documentación e obrigounas aceptar unha serie de condicións e esixencias.

Mediante a declaración destas mulleres, os axentes descubriron laexistencia dunha terceira vítima, á que auxiliaron. No entanto, non puideron localizar ao responsable dos feitos, polo que o Xulgado de Instrución número 8 de Vigo emitiu unha orde de procura e detención do mesmo.

Posteriormente, os policías estableceron un amplo dispositivo de control na zona, que permitiu localizar a este home cando vixiaba as inmediacións da vivenda desde un vehículo de aluguer.

Ao advertir a presenza dos axentes, este home tentou fuxir a gran velocidade, pero os axentes interceptárono cos vehículos policiais. Así, foi detido e trasladado a dependencias policiais. Finalmente, o detido e todo o actuado pasaron a disposición do Xulgado de Instrución número 8 de Vigo, por ser o coñecedor da causa.

ÚLTIMAS

Cae por un desnivel duns dous metros no centro de Vigo

Unha persoa resultou ferida na mañá deste luns tras caer por un desnivel duns...

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...