
O Porto de Vigo iniciou a segunda fase do proxecto de potenciación da biodiversidade en infraestruturas portuarias e de diminución do impacto ambiental Peiraos do Solpor, que conta cun orzamento de 3,1 millóns de euros dos que se espera conseguir financiamento europeo para 2,5.
Segundo detallou a Autoridade Portuaria, a segunda fase levará a cabo fronte ao edificio de Portocultura da dársena da Laxe, onde se instalará un observatorio submarino, deseñado e construído polo estaleiro vigués de Cardama, para observar paneis verticalesdestinados á colonización de fauna e flora. Tamén se colocarán cinco arrecifes artificiais que deseñará a empresa Econcrete, coordinadora de Peiraos do Solpor.
Así mesmo, instalaranse catro pantaláns flotantes e dúas pasarelas de acceso. Deste xeito, realizarase un deseño a medida co obxectivo de optimizar o ecosistema e a súa relación coas infraestruturas portuarias.
A primeira fase, xa concluída, consistiu no establecemento de estruturas submarinas ás que se poden adherir algas e que exercen como lugar de cría de especies no pantalán de Prácticos da dársena da Laxe. O crecemento da zona foi monitorado pola Universidade de Vigo (UVigo).
Posteriormente, a última fase do proxecto desenvolverase na zona da terminal ro-ro de Bouzas e consistirá na instalación de 50 arrecifes e 50 piscinas artificiais, así como dun paseo. Estas estruturas foron deseñadas por Econcrete co obxectivo de facilitar a colonización da fauna mariña.
Adicionalmente, a Universidade Técnica de Dinamarca asumiu o seguimento e a análise dos resultados ecolóxicos obtidos a partir de Peiraos do Solpor.