InicioSucesosFerido un motorista ao precipitarse desde unha ponte en Vigo

Ferido un motorista ao precipitarse desde unha ponte en Vigo

O home foi trasladado ao hospital Álvaro Cunqueiro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un motorista resultou ferido despois de precipitarse desde unha ponte próxima á rotonda de Navia, en Vigo. O accidente ocorreu durante a tarde deste sábado.

Para recibir asistencia médica foi trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro, segundo explicou o servizo de emerxencias, que precisou que o home caeu nunha zona de terra nas proximidades do río Lagares e parecía necesitar asistencia médica urxente.

Nada máis ter constancia dos feitos, ás 17,30 horas, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) solicitou a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos Bombeiros de Vigo.

Unha vez no punto, os efectivos do Servizo de Prevención Extinción de Incendios e Salvamento tratou de rescatar o ferido para que o equipo médico puidese realizar o seu traslado ao centro hospitalario.

Para garantir as condicións de seguridade na vía, desde o 112 informouse igualmente aos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local, ben como aos efectivos de Protección Civil de Vigo.

Este é o segundo accidente destas características rexistrado polo 112 Galicia nas últimas 24 horas, o primeiro tivo lugar na Coruña, con outro motorista ferido.

ÚLTIMAS

A ministra de Deportes suxire que Vigo será sede do Mundial de Fútbol

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Milagros Tolón, asegurou que o estadio...

Rescatados dous tripulantes que encallaron co seu veleiro en Cabo Silleiro

O rescate dos dous tripulantes dun veleiro que quedou encallado fronte á costa de...

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...