InicioCulturaO Museo do Mar de Vigo regresa cunha mostra do artista cubano...

O Museo do Mar de Vigo regresa cunha mostra do artista cubano Nelson Villalobos

O Marco de Vigo anuncia a súa volta para o 2 de xuño.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Museo do Mar de Galicia, en Vigo, reabriu este xoves as súas portas, cunha mostra do pintor, debuxante, escultor e serígrafo Nelson Villalobos, que poderá verse ata o 29 de xuño e que conta con 62 obras do artista cubano.

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, visitou este xoves a exposición, titulada ‘Blanquísima a súa presenza’, acompañado pola delegada territorial da Xunta, Corina Porro, e do director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo.

A mostra divídese en dúas áreas diferenciadas, a primeira composta por 14 pezas recentes de gran formato (a maioría dedicadas á nai do autor), e unha segunda parte, cun total de 48 pezas de menor tamaño, que constitúen unha retrospectiva da súa traxectoria.

Ademais, os visitantes poderán ver por primeira vez unha peza inédita, creada durante as semanas de confinamento. A historia remóntase a hai uns meses, cando Nelson Villalobos estaba a preparar unha exposición no Museo do Mar centrado na relación entre Galicia e Cuba, un proxecto que se viu interrompido pola crise sanitaria.

Esa obra interpreta a relación entre Galicia e Cuba, entre Vigo e A Habana, e representa algúns dos símbolos deste territorio, como o Apóstolo Santiago, as Illas Cíes, o Malecón ou a Catedral da Habana.

Debido ás restricións do estado de alarma pola pandemia de coronavirus, o Museo reabrirá cun terzo da súa capacidade en cada un dos expacios e salas, sen que se permita tocar ningún dos elementos museográficos.

Así mesmo, as visitas realizaranse de modo individual, aínda que se permiten grupos de familias ou unidades de convivencia, pero non reservas de grupos.

MUSEO MARCO

Por outra banda, outro museo vigués, o Museo de Arte Contemporánea (MARCO) tamén anunciou a súa reapertura, a partir do 2 de xuño. Este museo municipal tamén renova a súa actividade con restricións debido á crise sanitaria.

Así, será obrigatorio o uso de máscaras, así como a distancia social de 2 metros; poranse xeles desinfectantes en varios puntos; prohibirase a entrada con alimentos ou bebidas; limitarase o aforamento e sinalizaranse as zonas de tránsito; e permanecerán pechadas os despachos de billetes individuais e o servizo de gardarroupa.

Do mesmo xeito, manterase pechada a biblioteca do museo para actividade presencial, aínda que seguirá aberta ‘en liña’. Como excepción, permitirase o acceso presencial a investigadores con cita previa.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...