InicioSucesosFerido un home ao caer mentres traballaba na súa vivenda en Salceda...

Ferido un home ao caer mentres traballaba na súa vivenda en Salceda de Caselas

O 112 mobilizou ao momento un equipo a bordo dun helicóptero medicalizado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home resultou ferido de consideración despois de caer este mércores mentres realizaba uns traballos na vivenda na que reside situada na parroquia de Mariña, no concello de Salceda de Caselas.

Segundo informou o 112, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) tivo constancia dos feitos as 12,30 horas deste mércores, a través dunha persoa particular que chamou para solicitar asistencia sanitaria para o home. Ademais, indicou que se precipitou desde unha altura.

Por iso, os xestores do 112 Galicia puxeron en alerta a profesionais sanitarios quen, debido á gravidade das lesións, mobilizaron ao momento un equipo a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago.

Os axentes da Policía Local e Protección Civil da localidade tamén se desprazaron ata o lugar despois de ser alertados polo 112 Galicia.

ÚLTIMAS

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...