InicioSociedadeO Celta entregará máscaras co escudo do equipo deportivo a nenos de...

O Celta entregará máscaras co escudo do equipo deportivo a nenos de Vigo

O club deportivo e a Fundación Celta de Vigo facilitarán a tea coa que se confeccionará o material de protección.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta e o Real Club Celta de Vigo entregarán 11.000 máscaras co escudo e as cores do equipo deportivo a nenos da cidade de modo gratuíto.

Esta iniciativa foi presentada este martes na urbe olívica, onde a delegada territorial da Xunta, Corina Porro, detallou que o club deportivo e a Fundación Celta de Vigo facilitarán a tea coa que se confeccionará o material de protección.

Segundo recolleu o Goberno galego nun comunicado, a confección das máscaras será levada a cabo por 300 voluntarios que colaboran en distintas iniciativas solidarias promovidas pola Administración autonómica.

Así mesmo, Corina Porro puxo en valor a “implicación” e a “disposición” mostradas polo club deportivo en relación a este proxecto e precisou que as máscaras se repartirán na rede de farmacias da cidade e as súas parroquias a través de Cáritas.

ÚLTIMAS

Arde un prototipo creado por estudantes na Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo

Un incendio nun garaxe anexo da Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo, no campus...

Disputa familiar nas redes sociais mobiliza ás forzas de seguridade

A Garda Civil investiga a unha decena de persoas das zonas de Vigo e...

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...