InicioCulturaArmadores de Vigo convocan un concurso de redacción e pintura para a...

Armadores de Vigo convocan un concurso de redacción e pintura para a rapazada

Buscan fomentar a pesca sustentable entre a comunidade escolar a través de distintas accións.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI) convocou o concurso estatal de redacción e pintura ‘Grumetes Sustentables-Ecoseas’, dirixido a nenos de entre 6 e 12 anos de todo o estado.

Este concurso enmárcase no proxecto ‘Grumetes Sustentables/Children for Sustainable Seas (ECOSEAS)’, que conta coa colaboración da Fundación Biodiversidade, do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e que ten como finalidade fomentar a pesca sustentable entre a comunidade escolar a través de distintas accións.

Entre esas accións está este concurso de redacción e pintura, cuxo prazo de inscrición de abre este xoves (ata o 31 de maio). Os participantes agruparanse en dúas categorías: de 6 a 9 anos (na que se premiarán o mellor debuxo realizado con calquera técnica manual e que reflicta como mellorar a saúde dos oceános a través dunha pesca responsable), e de 10 a 12 anos (na que se premiará a mellor redacción sobre o futuro dos mares e oceános, e da pesca sustentable).

O premio para cada unha das categorías consistirá nunha estancia paga de tres días na cidade de Vigo para coñecer e visitar o Porto e a lonxa de peixe, a Cooperativa de Armadores, visitar as illas Cíes, o Museo do Mar ou o Instituto de Investigacións Mariñas (todo iso, unha vez que se eliminen as restricións do estado de alarma).

O xurado do concurso estará formado por representantes de colectivos pesqueiros, de Teachers for Future, ou da ONG Sustainable Fisheries Partnership, entre outros.

ÚLTIMAS

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...

Sumar Galicia impulsa unha proposta de coalición de esquerdas en Vigo de face ás próximas eleccións municipais

Movemento Sumar Galicia remitiu unha carta a Esquerda Unida, Verdes Equo, Anova e Podemos...

O aeroporto de Vigo opera con “normalidade” no cuarto día de folga dos controladores aéreos

Os aeroportos de Vigo e A Coruña funcionan "con normalidade" na xornada deste luns,...