InicioSociedadeVigo pecha a compra de 100.000 máscaras, que chegarán en dúas semanas

Vigo pecha a compra de 100.000 máscaras, que chegarán en dúas semanas

Caballero deslizou a posibilidade de pedir prestadas a Povisa outras 20.000 máscaras.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este domingo que xa se pechou a compra de 100.000 máscaras cirúrxicas e que se encargaron outras 200.000 para repartilas entre a veciñanza que saia á rúa a facer provisión de alimentos.

Caballero detallou, en declaracións remitidas aos medios, que esas 100.000 máscaras comezarán a chegar a partir do 11 de maio, a razón de 20.000 cada semana, e que tan pronto como as reciba o Concello as irá repartindo.

Polo momento, continuará a repartición das 20.000 máscaras que lle cedeu o hospital Povisa dede mañá, luns 27 de abril, coa distribución de 7.000 unidades na rotonda de Coia e en diferentes parroquias.

Caballero xa deslizou a posibilidade de pedir prestadas a Povisa outras 20.000 máscaras. Se iso non é posible e se se teñen en conta os prazos de recepción desa partida xa comprometida, haberá que interromper a repartición durante case dúas semanas. EFE

ÚLTIMAS

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...