InicioSociedadeO confinamento fai caer as urxencias pediátricas atendidas no Cunqueiro

O confinamento fai caer as urxencias pediátricas atendidas no Cunqueiro

O peche dos colexios fai caer os contaxios de infeccións respiratorias entre nenos, a suspensión de actividades ao aire libre tamén reduce o número de accidentes e hai ademais un rexeitamento dos pais a trasladar os seus fillos aos centros sanitarios por medo á COVID-19.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As Urxencias pediátricas do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo descenderon un 49 por cento en marzo en relación a ese mes de 2019, unha caída que nos primeiros 19 días de abril supuxo un 77 por cento menos de atencións en comparación con en ese período do ano anterior.

Segundo detallou a xerencia da área Sanitaria de Vigo, en marzo de 2019 rexistráronse 3.626 Urxencias de menores de 15 anos fronte ás 1.825 contabilizadas nese período de 2020. Mentres, nos primeiros 19 días de abril do ano pasado sumáronse 2.128 urxencias, unha cifra que este ano caeu ata as 288. Deste xeito, a media diaria de urxencias atendidas no que vai de mes situouse en 26 fronte ás 112 dese período de 2019.

Así, os profesionais sanitarios relacionaron este descenso coa paralización de actividades escolares presenciais e apuntaron que, ao non asistir a centros educativos pechados, diminúen os contaxios de infeccións respiratorias entre os nenos. Ademais, explicaron que a suspensión de actividades ao aire libre tamén causa que se reduza o número de accidentes relacionados con xogos practicados en parques infantís e rúas.

Así mesmo, a pediatra do servizo de Urxencias hospitalario Reyes Novoa sinalou que se advertiu un rexeitamento dos pais a trasladar aos seus fillos aos centros sanitarios por medo a expolos a un posible contaxio que leve que contraian a COVID-19. Así, explicou que, en ocasións, os proxenitores levaron os seus fillos ao hospital con apendicites “moi evolucionadas” ou fracturas de membros que non se produciron nese momento.

Ante esta situación, esta facultativa recomendou á poboación que utilice os recursos asistenciais dispoñibles. Aínda que recoñeceu que o risco “cero” de contaxio non existe, afirmou que as Urxencias pediátricas do hospital “son seguras”, xa que dispoñen de circuítos específicos e diferenciados que permiten “garantir a calidade e a seguridade da atención”.

MEDIDAS ADOPTADAS

A xerencia da área Sanitaria detallou que se reorganizou a atención e o espazo no que se presta este servizo no marco do Plan de Continxencia posto en marcha para tratar a pacientes con COVID-19.

Deste xeito, establecéronse postos de admisión de Urxencias pediátricas e de triaxe independentes e unha sala de espera para nenos co obxectivo de evitar o seu contacto cos adultos. Tamén se creou un circuíto asistencial diferenciado para menores con patoloxías respiratorias.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...