InicioSucesosVigo suma un total de 82 sancións por incumprir o confinamento durante...

Vigo suma un total de 82 sancións por incumprir o confinamento durante o fin de semana

Abel Caballero volve apelar á responsabilidade para que a cidadanía permaneza nos domicilios.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo sancionou 37 persoas o sábado e 45 o domingo por incumprir o confinamento decretado para previr a propagación do coronavirus.

Así o detallou o alcalde, Abel Caballero, nunha rolda de prensa telemática na que precisou que se realizaron 360 controis de vehículos, así como que a media das sancións diarias impostas por infrinxir as restricións de mobilidade obrigatorias se sitúa ao redor das 40.

En concreto, localizouse un bar que, a pesar de baixar a persiana exterior, mantiña a súa actividade, así como un grupo de catro mozos na rúa. Tamén se observou que un menor se atopaba só na vía pública mentres a súa nai realizaba a compra. Deste xeito, o total de sancións cursadas pola Policía Local desde a entrada en vigor do estado de alarma elévase a 769.

Ante esta situación, Abel Caballero volveu apelar á responsabilidade para que a cidadanía permaneza nos seus domicilios tal e como, segundo asegurou, fixo el mesmo este fin de semana.

ÚLTIMAS

Xunta acusa o Goberno de bloquear a biblioteca estatal de Vigo e ve “difícil” que licite o proxecto en 2026

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acusou o Goberno central...

Feijóo desembarca o sábado en Vigo para arroupar os candidatos do PPdeG ao Congreso: “É unha declaración de intencións”

O proceso que desembocará na cita coas urnas do próximo 29 de novembro avanza...

Investigan un roubo na vivenda do futbolista Ilaix Moriba en Nigrán

A Garda Civil investiga varios roubos cometidos na zona de Nigrán, entre eles un...

Vigo paraliza o concurso da escultura de Iago Aspas tras o recurso dun participante excluído

O Concello de Vigo suspendeu o procedemento do concurso de proxectos para o deseño...